Franciszek Macharski
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de maio de 1927 Cracovia, Polonia |
Morte | 2 de agosto de 2016 (89 anos) Cracovia, Polonia |
Lugar de sepultura | Catedral de Wawel (pt) |
Cardeal | |
30 de xuño de 1979 – 3 de xuño de 2005 | |
Arcebispo de Cracovia | |
6 de xaneiro de 1979 – ← Xoán Paulo II, papa – Stanisław Dziwisz → Diocese: Arquidiocese de Cracóvia (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Theology faculty of the Jagiellonian University (en) Jan III Sobieski High School in Kraków (en) |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1979–), sacerdote católico (1950–), teólogo |
Consagración | Xoán Paulo II, papa |
Participou en | |
abril de 2005 | conclave de 2005 |
Premios | |
| |
Franciszek Macharski, nado o 20 de maio de 1927 en Cracovia (Polonia) e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 2016, foi un arcebispo e cardeal da Igrexa Católica, arcebispo de Cracovia entre 1978 e 2005.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Franciszek Macharski naceu en Cracovia o 20 de maio de 1927.[1] Durante a ocupación alemá estudou clandestinamente na Escola de Económicas de Cracovia, graduándose a finais da segunda guerra mundial.
En 1945 entrou ao seminario da arquidiocese de Cracovia, e o 2 de abril de 1950 foi ordenado sacerdote[1] polo cardeal Sapieha. Posteriormente licenciouse en Teoloxía pola Universidade Iaguelónica.[1] Ao negarse a cooperar co servizo de seguridade, foille negado o pasaporte. Cando Karol Wojtyła foi elixido papa en 1978, nomeouno como sucesor en Cracovia.[1] Recibiu a consagración episcopal o 6 de xaneiro de 1979 de mans do mesmo papa, quen no consistorio do 26 de xuño de 1967 creouno cardeal[1] co título de Cardeal-Presbítero de San Giovanni a Porta Latina.
Retirouse como arcebispo de Cracovia o 3 de xuño de 2005. Finou o 2 de agosto de 2016.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Lentz, Harris M. (2002). Popes and Cardinals of the 20th Century: A Biographical Dictionary (en inglés). McFarland & Company. p. 114. ISBN 9780786410941.