Franck Biancheri
(2011) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Franck Adrien Luc Biancheri ![]() 11 de marzo de 1961 ![]() Niza, Francia ![]() |
Morte | 30 de outubro de 2012 ![]() Clichy, Francia ![]() |
Causa da morte | cancro ![]() |
Educación | Lycée Masséna (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, politicólogo ![]() |
Partido político | Newropeans (pt) ![]() ![]() |
Obra | |
Arquivos en | |
Sitio web | franck-biancheri.eu ![]() |
Franck Biancheri, nado en Niza en 1961, é un político e politicólogo francés. Promotor da corrente politolóxica da anticipación, e de convicións europeístas, foi un dos fundadores e o actual presidente de Newropeans, un partido político transeuropeo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como estudante, foi un dos impulsores da rede europea AEGEE[1], que chegou a reunir máis de 12.000 membros en toda Europa. Posteriormente, tamén se contou entre os promotores do programa Erasmus, que lle deu continuidade[2].
Como político, en 1989 lanzou a Initiative pour une Démocratie Européenne, un movemento que procuraba a creación dun partido político europeísta. Esta formación non conseguiu creala ata dezaseis anos despois, cando en 2005 presenta publicamente o partido Newropeans. Esta formación presentouse ás eleccións europeas de 2009 en Alemaña, Francia e os Países Baixos, onde acadou moi poucos votos e ningún eurodeputado.
Dende 2006 é o coordinador científico de Leap/Europe2020, un think-tank que traballa na anticipación de eventos políticos de relevancia internacional[3].
Obra
[editar | editar a fonte]- Crise mondiale. En route pour le monde d’après (2010)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de novembro de 2008. Consultado o 08 de marzo de 2011.
- ↑ «L’émergence des Eurocitoyens», Prometheus, 1996
- ↑ http://hebdo.nouvelobs.com/sommaire/les-uns-les-autres/084554/franck-biancheri-monsieur-apocalypse/reactions/