Masonaría
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Masonaría | |
---|---|
Tipo | grupo social e Fraternidade |
Data de fundación | 1717 |
Nomeado en referencia a | liberdade e albanelaría |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A masonaría, masonería, francmasonaría ou francmasonería[1] é unha organización que se autodefine como de carácter iniciático, filantrópico e filosófico. Os seus membros e simpatizantes sosteñen que ten como obxectivo a procura da verdade e fomentar o desenvolvemento intelectual e moral do ser humano. Os masóns, tanto homes como mulleres, organízanse en estruturas de base denominadas loxas que, á súa vez, poden estar agrupadas nunha organización de ámbito superior normalmente denominada "Gran Loxa", "Grande Oriente" ou "Gran Priorado". Aparecida en Europa entre finais do século XVII e comezos do XVIII, a masonaría moderna ou "especulativa" foi descrita a miúdo como un sistema particular de moral ilustrada por símbolos. Preséntase a si mesma como unha ferramenta de formación, cun método particular que, baseado no simbolismo da construción, permite aos seus membros desenvolver a súa capacidade de escoita, de reflexión e de diálogo, para transmitir estes valores á súa contorna.
A historia institucional da masonaría presenta numerosas disidencias, cuxas principais causas, con importantes matices e derivacións, están relacionadas coa admisión da muller na masonaría, a cuestión das crenzas relixiosas ou metafísicas, a natureza dos temas tratados ou a forma de traballar das loxas, así como coas bases sobre as que se fundamenta a regularidade masónica. A existencia de distintos puntos de vista sobre estes e outros temas deu lugar ao desenvolvemento de distintas pólas ou correntes masónicas, que a miúdo non se recoñecen entre elas. Moitos personaxes da historia foron membros desta organización, por exemplo Mozart, Washington e outros moitos personaxes que tamén chegaron a formar parte dalgunha Loxa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para masonaría.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Masonaría |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Buscador masonaríaArquivado 14 de xullo de 2020 en Wayback Machine.