Francombat
Aparencia
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
O francombat é unha arte marcial francesa, semellante ao jiu-jitsu e creado no ano 1988 por Alain Basset e Dominique Dumolin.
O francombat é practicado no sur de Francia. Pódense encontrar escolas de francombat nas cidades de París, Bordeos, e Montpellier. Os instrutores levan roupas vermellas e os estudantes verdes.
Esta arte marcial baséase na estratexia e na comprensión do corpo humano. A eficiencia no combate depende de tres factores: boa forma física, coñecemento das técnicas e da estratexia, e bo control do estrés.
O adestramento do francombat baséase en catro puntos:
- práctica intensiva de deporte.
- aprendizaxe firme da técnica de combate, que sempre é colocado dentro dos límites da estratexia, que ten como meta a eficiencia verdadeira.
- adestramento para confrontar o estrés.
- aproximación de acordo coa lei.