Saltar ao contido

Franz Josef de Hohenlohe-Schillingsfürst

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFranz Josef de Hohenlohe-Schillingsfürst
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1894 Editar o valor en Wikidata
Graz, Austria Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xaneiro de 1970 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Schillingsfürst, Alemaña (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxenealoxista Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAglae Prinzessin von Schönburg-Hartenstein (1924–)
FillosKarl Albrecht XI Fürst zu Hohenlohe-Schillingsfürst (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Zu_Hohenlohe-Waldenburg-Schillingsfürst-8

Franz Josef de Hohenlohe-Schillingsfürst, nado o 6 de xuño de 1894 en Graz e finado o 3 de xaneiro de 1970 en Schillingsfürst, foi un nobre e xenealoxista alemán que fundou a Genealogische Handbuch des in Bayern immatrikulierten Adels e publicou varios tratados xenealóxicos. Despois da morte do seu pai, foi xefe da Casa de Hohenlohe-Schillingsfürst de 1940 a 1970 e dende entón utilizou o título de Príncipe de Hohenlohe-Schillingsfürst.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era fillo do príncipe Moritz de Hohenlohe-Schillingsfürst (1862–1940). Pasou a súa mocidade en Altaussee na rexión de Salzkammergut. O 17 de novembro de 1924 casou coa princesa Aglae de Schönburg-Hartenstein (1891–1965) en Viena e logo aveciñouse en Schillingsfürst. En 1940 sucedeu ao seu falecido pai na xestión do castelo de Schillingsfürst e demais propiedades. Durante a guerra as SS incautáronlle o castelo, e o cuartel xeral da XIII SS-Armeekorps instalouse alí, aínda que os Hohenlohe-Schillingfürst puideron permanecer no castelo[1]. Logo da guerra volveu á súa xestión. Dende 1960 foi o xefe da casa de Hohenlohe.

Castelo de Schillingfürst, residencia oficial dos príncipes de Hohenlohe-Schillingsfürst

Interesouse pola xenealoxía dende cedo. A súa primeira publicación exhaustiva foi o Ahnentafel des Fürsten Chlodwig zu Hohenlohe-Schillingsfürst, publicado en 1937, e un pouco máis tarde saíu Ahnentafel des Kais. russ. Generalfeldmarschalls Ludwig Adolf Peter Graf zu Sayn-Wittgenstein, ao que lle seguiu en 1940 1358 Nachfahren des Malers Peter Paul Rubens. A súa última obra importante foi Monarchen – Edelleute – Bürger. Die Nachfahren des Fürsten Karl Ludwig de Hohenlohe-Langenburg en 1952, que vai moito máis alá dun traballo puramente xenealóxico e mostra como a perda do trono e das profesións civís provocou un cambio na elección dos socios dos antigos rexedores.

Na primavera de 1945 sucedeu ao falecido Karl von Aretin á fronte do Fortführung der bayerischen Adelsmatrikel. A falta dunha publicación xenealóxica alemá, logo da desaparición do Gothaischer Hofkalender por mor da guerra en 1944, levouno á fundación do Genealogischen Handbuchs des in Bayern immatrikulierten Adels, que apareceu a partir de 1950. Ademais da continuidade dos rexistros, a publicación tamén tiña como obxectivo reunir as familias nobres, que estaban dispersas tras a guerra. A partir do segundo volume de 1951, o xenealoxista Gerhart Nebinger contribuíu ao manual da nobreza. Hohenlohe-Schillingsfürst publicou el mesmo os cinco primeiros volumes antes da Vereinigung des Adels in Bayern facerse cargo da publicación a partir do volume VI.

  1. Chapman, Craig S. (2017). Battle Hardened: An Infantry Officer's Harrowing Journey from D-Day to V-E Day. Simon and Schuster.