Fritz von Wettstein
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xuño de 1895 ![]() Praga ![]() |
Morte | 12 de febreiro de 1945 ![]() Trins, Austria ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Austrohúngaro ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica, Brioloxía e Fisioloxía vexetal ![]() |
Lugar de traballo | Múnic Berlín Imperio Austrohúngaro ![]() |
Ocupación | Privatdozent (1923–1925), profesor universitario , micólogo , briólogo , xenetista , botánico ![]() |
Empregador | Sociedade Kaiser Wilhelm (1934–) Universidade de Frederico-Guilherme (pt) ![]() Universidade de Múnic (1931–1934) Universidade de Gotinga (1925–1931) ![]() |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá ![]() |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | F.Wettst. ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Udda Lundqvist (pt) ![]() ![]() |
Pai | Richard von Wettstein ![]() |
Premios
|
Fritz von Wettstein, tamén coñecido como Friedrich Wettstein e Ritter von Westersheim, nado o 24 de xuño de 1895 en Praga, e finado o 12 de febreiro de 1945 en Trins, foi un botánico, taxónomo e xenetista austríaco.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Carreira científica[editar | editar a fonte]
Fritz Wettstein era fillo do tamén botánico Richard von Wettstein. De 1925 a 1931 foi profesor na Universidade de Gotinga, e de 1931 a 1934 na de Múnic. En 1934 foi o director do Instituto Kaiser Wilhelm de bioloxía, situada en Berlin-Dahlem, un barrio de Berlín. (Esta institución foi suprimida en 145).
Wettstein fixo unha importante contribución á ciencia botánica e á xenética. Traballou especialmente na herdanza citoplasmática en musgos e algas. Seguindo a Erwin Baur no Instituto Kaiser Wilhelm , investigou híbridos e poliploides de musgos e avanzou na comprensión das relacións e características das formas poliploides.[1]
Política[editar | editar a fonte]
Wettstein foi acremente criticado porque, en conferencias científicas internacionais antes da segunda guerra mundial, defendeu as ideas raciais do nazismo.[2]
Algunhas obras[editar | editar a fonte]
- Morphologie und Physiologie des Formwechsels der Moose auf genetischer Grundlage (1924).
- Über plasmatische Vererbung sowie Plasma-und Genwirkung (1930).
- Genetik (1932).
- Karl von Goebel (1933).
Abreviatura[editar | editar a fonte]
A abreviatura F.Wettst. empréganse cara recoñecer a Fritz von Wettstein como autoridade da descrición e taxonomía en botánica[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Obituary: Prof. F. von Wettstein". Nature 156: 328. Setembro de 1945.
- ↑ Research Program: History of the Kaiser Wilhelm Society in the National Socialist Era (PDF).
- ↑ F.Wettst. – Fritz (Friedrich) Wettstein (1895-1945) no IPNI.