Saltar ao contido

Froilán II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Froila II de León»)
Modelo:BiografíaFroilán II
Biografía
Nacemento874 Editar o valor en Wikidata
Oviedo, España Editar o valor en Wikidata
Morteagosto de 925 Editar o valor en Wikidata (50/51 anos)
provincia de León, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteLepra Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de León Editar o valor en Wikidata
Monarca do Reino de León
924 – 925
← Ordoño II de Galicia e LeónAfonso Froilaz →
Monarca do Reino de Asturias
910 – 924
← Afonso III de Oviedo Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Asturias
Rei de León Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía ástur-leonesa Editar o valor en Wikidata
CónxuxeUrraca bint Abd Allah (917–925)
Nunilona Ximena (910–917) Editar o valor en Wikidata
FillosAfonso Froilaz
 () Nunilona Ximena Editar o valor en Wikidata
PaisAfonso III de Oviedo Editar o valor en Wikidata  e Ximena Garcés Editar o valor en Wikidata
IrmánsOrdoño II de Galicia e León
García I de León Editar o valor en Wikidata

WikiTree: León-121

Froilán II,[1] ou Froila II, Adefónsiz (en castelán e asturiano Fruela) nado cara o 874 (fl. 886) e finado en agosto de 925,[2] foi rei de Asturias entre 910 e 924, e rei de toda Galiza[3][4] desde 924 ata 925[5]. O seu pai era Afonso III e a súa nai Ximena Garcés de Pamplona. En 910 Froila e dous dos seus irmáns destituíron ao seu pai e dividiron o reino entre eles. Froila, o irmán menor, levou a parte norte (Asturias); Ordoño tomou Galicia; e García, o maior, levou León.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Froila mantiña boas relacións co seu irmán Ordoño II, quen aparentemente tiña a hexemonía. Conspiraron para lle arrebatar o trono a seu pai, e Froila asinou os diplomas de Ordoño como Froila frater confirmat ("Froila o irmán confirma").[2] Cando Ordoño morreu en 924, os magnates e o clero non fixeron caso dos seus herdeiros e elixiron rei a Froila na cidade de León. Froila nunca fora popular entre os nobres e os seus súbditos, e a súa elección foi posta en dúbida por algúns, que a vían como unha probable usurpación. Asasinou a Gebuldo e Aresindo, fillos de Olmundo, que afirmaban descender do rei Vitiza e, así, alienou aínda máis á nobreza. Por isto, relátase nas crónicas, foi condenado a un reinado de só catorce meses. Segundo Ramón Menéndez Pidal, exiliou ao bispo Frunimio de León, parente de Olmundo. En calquera caso, só reinou catorce meses e morreu de lepra en agosto de 925.[2]

Tras a morte de Froila, houbo varios demandantes, entre eles o seu irmán menor Ramiro (que parece que casou coa raíña viúva Urraca e usou o título real pero finalmente non tivo éxito) [Cómpre referencia] e os fillos do seu irmán Ordoño II, xunto con os seus propios fillos pequenos. Hai certo debate sobre a inmediata sucesión, aínda que finalmente, a súa familia perdeu ante a do seu irmán Ordoño.

Segundo o bispo Paio, deixou tres fillos de Nunila: Afonso, Ordoño e Ramiro. Ibn Khaldún dálle a Ordoño e Ramiro a Urraca e deixa aberta a posibilidade doutros fillos de calquera das dúas esposas. [Cómpre referencia]

Froila casou dúas veces, a antes de 911 con Nomilia Ximénez (tamén coñecida como Nunilo Ximena), filla do rei de Navarra Sancho Garcés. Porén en 917 xa estaba casado coa súa segunda esposa, Urraca bint Abd Allah, filla do gobernador Banu Qasi de Tudela. Dos seus matrimonios tivo polo menos tres fillos, Afonso, Ramiro e Ordoño, dos cales ningún herdaría o trono.[2]

Descendencia

[editar | editar a fonte]

Tivo catro fillos:

  1. Afonso Froilaz, con Nunila.
  2. Ordoño Froilaz, con Nunila ou Urraca.
  3. Ramiro Froilaz, con Nunila ou Urraca.
  4. Aznar Fuela, fillo bastardo.

Ascendencia

[editar | editar a fonte]
  1. López Carreira, A. (2003). Os reis de Galicia. A Nosa Terra. p. 86-87. ISBN 9788496203273. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Álvarez, César. "Fruela II". historia-hispanica.rah.es. Consultado o 2025. 
  3. López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. p. 228. este ano faleceu o tirano Froila, principe dos galegos (citando a Ibn Haián e al-Razí) 
  4. Carriedo Tejedo, Manuel (2019). "Gallaecia y Galicia (1)" (PDF). Rudesindus (en castelán) (12). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2020. Consultado o 12 de xullo de 2020. el tirano Fruela,señor de Galicia (citando a al-Nasir) 
  5. Outros historiadores prefiren diferenciar entre reino de Galiza e o de León, en troques de usar o termo "rei de toda Galiza".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Os reis e as raíñas da Galiza.
Froila II, Afonso Froilaz, Sancho I e Afonso IV. Uns reis en tempos de inestabilidade.
(Nós Diario, 26.09.2022)

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Reino de Galiza

Segue a:
Ordoño II
Froilán II
Precede a:
Afonso Froilaz