Froiz
FROIZ | |
---|---|
Tipo | Distribuidora |
Fundación | 1968 |
Matriz | Froiz Mapedis |
Localización | Lourido, 15 Poio (Pontevedra) Galicia |
Fundador | Magín Alfredo Froiz |
Industria | Distribución |
Produtos | Alimentación Distribución |
Beneficio | 632 millóns de euros (en 2017) |
Número de empregados | 5.100 |
Na rede | |
https://froiz.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Distribuciones Froiz, S.A. é unha empresa galega adicada ao sector da distribución alimenticia. Ten máis de 300 tendas en España (Galicia, Castela e León, Castela-A Mancha e Madrid) e Portugal, zona norte.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O fundador da empresa, Magín Alfredo Froiz, comezou a traballar nunha empresa construtora. Deixou o posto para traballar como autónomo na carnizaría dun pequeno supermercado na rúa Cobián Roffignac de Pontevedra.[2] Dous anos despois, canto contaba con 24 anos, fíxose cargo de todo o supermercado con 12 traballadores. En 1968 remodelou o local de 300 metros cadrados co nome de Supermercado Froiz. En 1979 abriu o segundo local. En 1990 construíron almacén loxístico en Lourido, Poio.[2]
Expansión
[editar | editar a fonte]Tamén na década dos 90, comezou a expansión do grupo con tendas por toda Galicia, Portugal e Castela-León. En 2005, entra en Castela-A Mancha e, en 2008 na Comunidade de Madrid.[2]
En 2022, está a erguer outro centro loxístico no polígono de Barro, onde conta con máis de 80.000 metros cadrados.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Magín Alfredo Froiz, el tendero que es libre en el mar La Voz de Galicia, 8/4/2018 (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Redacción (10 de marzo de 2022). "Muere el empresario pontevedrés Magín Froiz a los 78 años". atlantico.net (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Froiz |