Fronte fría

Unha fronte fría é unha franxa de mal tempo que sucede cando unha masa de aire frío acércase a unha masa de aire quente. O aire frío, sendo máis denso, xera unha “cuña” e métese por debaixo do aire cálido e menos denso.
As frontes frías móvense rapidamente, aproximadamente a unha velocidade entre 40 e 60 km/h, de tal maneira que o efecto do brusco descenso de temperatura se observa en poucas horas.
Son fortes e poden causar perturbacións atmosféricas tales como tormentas de tronos, chuvascos, tornados, ventos fortes e treboadas curtas de neve antes do paso da fronte fría, acompañadas de condicións secas a medida que a fronte avanza. Dependendo da época do ano e da súa localización xeográfica, as frontes frías poden vir nunha sucesión de 5 a 7 días.
Nos mapas do tempo, as frontes frías están marcadas co símbolo dunha liña azul de triángulos que sinalan a dirección do seu movemento.
