Frutos Fernández Illá
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1868 Pontedeume, España |
Morte | 5 de decembro de 1938 (69/70 anos) Dumbría, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, xornalista |
Frutos Fernández Illá, nado en Pontedeume en 1868 e finado en Dumbría o 5 de decembro de 1938, foi un avogado e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi secretario interino do xulgado municipal de San Sadurniño. Dirixiu o periódico Breamo de Pontedeume (1914-1916). Foi secretario interino do Concello de Ares (1924),[1] e secretario propietario do Concello de Laxe dende 1927,[2] do que foi destituído a principios do ano seguinte,[3] e despois do de Dumbría ata a súa morte, o 5 de decembro de 1938.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Martínez Sardina e foi pai de Frutos, Jesús, Nicolás, Carmen, Saturnino, Elvira, Teresa, Carlos, José e Marina Fernández Martínez.