Fugging até 2021 coñecida como Fucking é unha aldea con arredor de 150 habitantes, pertencente ao municipio de Tarsdorf, na rexión de Innviertel, estado de Alta Austria. Limita con Baviera e está preto da cidade de Salzburgo. Seica o lugar foi coñecido como Fucking dende cando menos o ano 1070. O seu nome provén dun personaxe do século VI chamado Focko; a terminación ing é un antigo sufixo xermano que significa "xente", de tal forma que o topónimo Fucking, neste caso, significa "lugar da xente de Focko". O nome do lugar é relevante porque en inglésfucking é o xerundio de fuck, que significa "foder".