Fundación Xeito Novo
Fundación Xeito Novo | |
---|---|
Tipo | Asociación Cultural |
Data de fundación | 1984 |
Sede | Buenos Aires |
País | Arxentina |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Fundación Xeito Novo de Cultura Galega é unha entidade formada no ano 1984 en Buenos Aires (Arxentina), por mozos da colectividade galega que interpretaron a necesidade de crear un espazo onde as novas xeracións puidesen levar adiante un proxecto cultural que os identificase plenamente.
Actividade
[editar | editar a fonte]A Fundación Xeito Novo de Cultura Galega está conformada actualmente por máis de 350 asociados ou adherentes que participan das distintas actividades que promove a Fundación. A súa actividade divídese en dúas ramas principais.
A primeira está proxectada á difusión da cultura galega e desenvólvese por medio dos grupos artísticos e os traballos de investigación. Entre eles destácanse o grupo de música Folk Celta e o grupo de Bailes Tradicionais, que anualmente presentan o traballo realizado nun espectáculo chamado Galiza Sempre, que desde 1986 foi gañando espazo dentro do movemento cultural e artístico de Bos Aires. Convoca a máis de mil espectadores por función e recibe as mellores críticas dos xornais máis importantes da cidade. Dentro dos traballos de investigación o máis salientable é a publicación en Internet da revista A Grileira, con ao redor de cincuenta mil consultas no seu primeiro ano de vida. Tamén a Fundación organiza charlas e debates sobre temas relacionados coa cultura de Galicia, nas que participaron personalidades como Xosé Neira Vilas e Xosé Manuel Núñez Seixas.
A segunda rama de traballo da Fundación está orientada á formación a través de diferentes cursos que abarcan a música, o idioma, os bailes e a cociña. Deles xurdiron proxectos como a Mostra anual de Cociña Galega, que logrou converterse nun dos eventos máis populares dentro da colectividade galega na Arxentina.