Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo
Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo | |
---|---|
Acrónimo | FAL |
Tipo | Política |
Campo de traballo | estudos anarquistas |
Data de fundación | 1987 |
Nomeado en referencia a | Anselmo Lorenzo |
Organización matriz | Confederación Nacional do Traballo |
Sede | Yuncler |
País | España |
Na rede | |
https://fal.cnt.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Fundación de Estudios Libertarios Anselmo Lorenzo (tamén coñecida como Fundación Anselmo Lorenzo ou FAL), é unha organización cultural creada pola Confederación Nacional do Traballo en 1987.
Historia e características
[editar | editar a fonte]O nome é unha homenaxe ao anarquista toledano Anselmo Lorenzo, quen participou na creación do primeiro núcleo sindical en España.
A FAL é un punto de referencia para quen estudan o movemento obreiro español. Os seus obxectivos son recuperar a memoria histórica do anarquismo e o anarcosindicalismo español, así como difundir as ideas libertarias mediante propostas culturais.
Algunhas das actividades desenvolvidas pola fundación son:
- Mantemento, catalogación e ofrecemento ó público xeral (máis tamén a estudantes, historiadores ou cineastas) dos fondos históricos da CNT (microfilmes do material que a CNT logrou salvar trala Guerra civil española. A FAL levou ó Instituto Social de Ámsterdam documentación orgánica da CNT, publicacións periódicas, libros, vídeos, fotos e outros documentos relacionados cos movementos sociais e obreiros, con énfase nas tendencias libertarias.
- Edición de libros e materiais noutros formatos. A FAL leva anos editando coleccións de biografías, textos clásicos, coleccións de fotos da revolución española ou vídeos.
- Preparación de eventos culturais en congresos da CNT ou da AIT, como, faladoiros, coloquios, conferencias, videoforums ou presentacións de libros.
- Edición do boletín interno Bicel (Boletín Interno de Centros de Estudios Libertarios).
- Coordinación con outros proxectos similares vinculados á FAL.
A FAL recibiu un pulo considerable durante o VIII Congreso da CNT. Neste tomáronse acordos que fixeron explícita a importancia da fundación para o sindicato.
A sede da fundación está en Yuncler (provincia de Toledo).