Saltar ao contido

Furaño común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Furaño común
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Soricomorpha
Familia: Soricidae
Subfamilia: Crocidurinae
Xénero: Crocidura
Especie: C. russula
Nome binomial
Crocidura russula
Hermann, 1780
Distribución de Crocidura russula.
Distribución de Crocidura russula.

Distribución de Crocidura russula.
Subespecies

O furaño común (Crocidura russula) é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Soricidae.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É un crocidorino de tamaño mediano e cola relativamente curta, de 30 a 40 mm, corpo de 34 a 47 mm e de 7 a 14 gramos. Os ollos son pequenos cos pavillóns auditivos ben desenvolvidos, moi visibles. O pelame varía pola idade, a época do ano e a localización xeográfica, en xeral, é gris uniforme nos xuvenís, pardo ou pardogrisaceo no verán e gris escura no inverno.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Norte de África e suroeste de Europa, dende Portugal até o río Elba, en Alemaña, norte de Suíza, Austria e sueste de Francia, a vertente norte dos Alpes é o seu límite suroriental. Atópase tamén en Gran Canaria, algunhas illas atlánticas de Francia e Gran Bretaña.

Recentes estudos morfológicos e xenéticos revelaron a separación en dúas especies, os exemplares que habitan dende o leste de Alxeria, Tunes, determinadas illas mediterráneas, leste de Europa e Israel, pertencen a Crocidura ichnusae (Huntterer, 2005).

Variación xeográfica

[editar | editar a fonte]

A especie amosa unha notable variación xeográfica, tanto na súa morfometría como na súa coloración, manifestando unha diminución de tamaño cara ao sur da Península Ibérica.

É unha especie de requirimentos basicamente mediterráneos, prefire hábitat abertos e marxes dos bosques con boa cobertura vexetal á altura do chan, aparece tamén en campos de cultivo e no maquis mediterráneo ou nas zonas boscosas con sobosque claro. A súa distribución altitudinal varía segundo a localización xeográfica, dende os 1.200 metros en Pireneos até os 2.000 nas zonas máis mediterráneas.

Depredación

[editar | editar a fonte]

É unha especie depredada por numerosas aves de rapina, tanto nocturnas como diúrnas, ademais de por certos carnívoros como a xeneta (Genetta genetta), o golpe (Vulpes vulpes) e maila donicela (Mustela nivalis).

  1. Aulagnier, S., Hutterer, R., Amori, G., Kry?tufek, B., Yigit, N., Mitsain, G. & Muñoz, L.J.P. 2008. Crocidura russula. In: IUCN 2009. IUCN Rede List of Threatened Species. Version 2009.2. <www.iucnredlist.org>. Downloaded on 21 December 2009.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Crocidura russula, en Don E. Wilson & DeeAnn M. Reeder (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed), Johns Hopkins University Press (en inglés)
  • Crocidura russula no Atlas da biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Ficheiro en pdf. Visto o 3 de agosto de 2009. (en castelán)