Saltar ao contido

Furto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ilustración que amosa un furto.

O crime do furto[1] ou ladroízo[2] consiste na apropiación ilexítima dunha cousa moble, allea totalmente ou en parte, realizada sen aplicar a forza, sen violencia ou intimidación nas persoas.[3] O furto é considerada unha falta ou delito, dependendo do valor económico do furtado. A cantidade monetaria ou a mercadoría furtada determinará o grao de furto.[4] As penas varían segundo os países e os estados.

Esta definición de furto está construída en oposición á de roubo e extorsión. O furto sempre require apropiación, sen o uso de violencia física contra as persoas, que son características do roubo, ou como intimidación para facer a entrega, por exemplo, unha característica da extorsión.

Coa execución do furto estase violando a posesión de cousas mobles, considerada como simple estado de feito, calquera que sexa a súa orixe, e represente ou non o dereito subxectivo sobre a cousa en si. Abonda que a apropiación sexa ilexítima. Calquera posesión actual, e non só a civilmente protexida, está protexida polo dereito penal.

É requisito do furto, así como doutros delitos contra o patrimonio, a existencia dunha intención especial do autor, o que tecnicamente se coñece como un elemento subxectivo do inxusto que é o ánimo de lucro, a intención de obter un enriquecemento coa apropiación. Deste xeito é posible diferenciar condutas totalmente legais (por exemplo, levar algo para examina-lo), das que son claramente ilícitas.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para furto.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ladroízo.
  3. "Ley Orgánica 10/1995, de 23 de noviembre, del Código Penal.". Noticias jurídicas. Consultado o 25 de outubro de 2014. 
  4. "Hurto: ¿Qué Constituye un Hurto?". Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2017. Consultado o 17 de agosto de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Allen, Michael. Textbook on Criminal Law. Oxford University Press, Oxford. (2005) ISBN 0-19-927918-7.
  • Criminal Law Revision Committee. 8th Report. Theft and Related Offences. Cmnd. 2977
  • Green, Stuart P. Thirteen Ways to Steal a Bicycle: Theft Law in the Information Age. Harvard University Press, Cambridge, MA (2012). ISBN 978-0674047310