Saltar ao contido

Göran Björkman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGöran Björkman

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalKarl Jakob Göran Linus Björkman
Biografía
Nacemento14 de agosto de 1860 Editar o valor en Wikidata
Hargs, Suecia Editar o valor en Wikidata
Morte22 de decembro de 1923 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Estocolmo, Suecia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutor, romanista Editar o valor en Wikidata
Membro de

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
Dicionário Biográfico Sueco (pt) Traducir, lang: lingua sueca Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1448296


Karl Jakob Göran Linus Björkman, nado na parroquia de Hargs[1] (Östhammar) o 14 de agosto de 1860 e finado en Estocolmo o 22 de decembro de 1923,[2] foi un tradutor sueco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Björkman converteuse en doutor en filosofía en 1894 e en primeiro actuario do Kommerskollegium (Xunta Nacional de Comercio sueca) en 1912. No ano 1913 converteuse en secretario da Samfundet De Nio (Academia dos Nove) e ocupou ese cargo ata a súa morte.

Björkman traduciu obras do francés, galego, catalán, castelán,[3] italiano, portugués e alemán, entre elas Ekon från Portugals parnass (1899) e Italiensk lyrik (1906). A súa tese doutoral coa universidade de Uppsala en 1894 trataba do poeta portugués Antero de Quental.

Na súa obra Genljud från Hesperien (1896) Björkman traduce ao sueco dous poemas de Uxío Carré Aldao, dous de Rosalía de Castro e dous de Eduardo Pondal.[3] Foi membro correspondente da Real Academia Galega.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Göran Björkman pertence á familia Björkman (de Hille). Foi fillo de Knut Fredrik Linus Björkman, que foi alguacil en Alunda, e a súa primeira muller, Laura Petronella Valborg Sundeman. Casou en 1899 con Ebba Johanna Maria Frey (1865-1939).[5]

  1. "563-564 (Nordisk familjebok / Uggleupplagan. 3. Bergsvalan - Branstad)". runeberg.org (en sueco). 1905. Consultado o 2022-06-09. 
  2. "1357-1358 (Nordisk familjebok / Uggleupplagan. 38. Supplement. Riksdagens bibliotek - Öyen. Tillägg)". runeberg.org (en sueco). 1926. Consultado o 2022-06-09. 
  3. 3,0 3,1 "Genljud fran Hesperien (1896)". Real Academia Galega. Consultado o 2022-06-16. 
  4. "Membros correspondentes". Real Academia Galega. 
  5. Svenska Släktkalendern 1976, p 96