Saltar ao contido

GNU General Public License

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «GNU GPL»)
GNU General Public License
Logo
AcrónimoGNU GPL e GPL
Tipolicença copyleft de software livre, licencia de código aberto e licencia de software libre
Na rede
https://www.gnu.org/licenses/gpl.html
editar datos en Wikidata ]

A GNU General Public License (abreviado como GNU GPL ou GPL; en galego "Licenza pública xeral de GNU" ) é unha licenza de software libre, que garante que os usuarios finais teñen a potestade de usar, estudar, modificar e compartir o software. A licenza escribiuna Richard Stallman, da Free Software Foundation (FSF), para o proxecto GNU e para outorgarlle aos usuarios das aplicacións os dereitos que establece a definición de software libre.[1] Agora os dereitos de autoría da licenza son da Free Software Foundation. A GPL é unha licenza copyleft, polo que os traballos derivados deben e só se poden compartir baixo as mesmas condicións da licenza. Iso é a principal diferenza coas licenzas de software libre permisivas, como son as licenzas BSD e MIT. A GPL foi a primeira licenza copyleft de uso xeral.

A familia de licenzas GPL foi historicamente o grupo de licenzas máis populares no software de código aberto e libre.[2][3][4][5][6] Entre os principais proxectos con estas licenza están o kernel de Linux a librería de compilación de GNU (GCC). Múltiples autores afirman que a licenza GPL foi crucial para o éxito dos sistemas baseados en Linux. Esta licenza deulle a garantía de que o seu traballo beneficiaría a todos e que sempre estaría ese traballo como libre, e non só aproveitado por compañías de software que non benefician a cambio do seu uso á comunidade de desenvolvedores e usuarios.[7]

En 2007 liberouse a terceira versión desta licenza, a GNU GPLv3, co obxectivo de resolver conflitos da segunda versión da licenza. Esa nova versión incluíu unha cláusula opcional de "calquera versión posterior" que permitise a escolla entre os termos orixinais da licenza ou calquera outros posteriores que a FSF estableza. Sendo opcional hai casos nos que esta cláusula se omite cando se establece a licenza dun software, como é, como exemplo, o caso de Linux, que está coa licenza GPLv2 mais sen incluír o de "calquera versión posterior".[8][9]

Existen licenzas derivadas da GPL con outros fins específicos, como a GNU Lesser General Public License que permite o enlace dinámico do código libre a aplicacións propietarias, ou para outro tipo de material, como a GNU Free Documentation License que cobre os artigos da Wikipedia, a Open Audio License para obras musicais.

É unha licenza que segue a definición de libre da FSF[10][11], da OSI[12] , as liñas do software libre de Debian[13], non permite excepción para ligazóns dentro da GPL[14], segue as condicións de Copyleft[15] e non segue as condicións de Copyfree[16].

Richard Stallman escribiu a GPL en 1989 para usala en aplicacións desenvoltas dentro do proxecto GNU.[17] A GPL orixinal fundamentouse nunha unificación dun licenzas similares das primeiras versións de GNU Emacs (1985), o debugger de GNU e o compilador de C de GNU.[18] Estas licenzas con declaracións semellantes as da GPL moderna mais específicas para cada aplicación. Iso facíaas incompatibles entre si malia a ser o mesma licenza.[19] O obxectivo de Stallman foi elaborar producir unha licenza que se puidese usar en calquera proxecto e que se puidese compartir código entre múltiples proxectos.

A segunda versión da licenza, a versión 2, lanzouse en 1991. Durante os 15 anos seguintes a comunidade de software libre foise decatando de eivas da licenza GPLv2 que permiten que se deixen de aplicar licenzas GPL software modificado e que teña esa versión da licenza; algo contrario á filosofía da GPL.[20] Estes problemas casos inclúen a "TiVoitización" (do software TiVo) e que supón que se inclúe software con GPL en hardware no que se restrinxe a súa modificación nesa plataforma en concreto, a problemas similares aos da licenza Affero; e problemas de patentes entre Microsoft e distribuidores de software libre, por mor de intentos de usar patentes como arma en contra da comunidade de software libre.

A versión 3 desenvolveuse para abordar esas eivas e lanzouse o 29 de xuño de 2007.[21]

Versión 1

[editar | editar a fonte]

A versión 1 da GNU GPL creouse e publicouse o 25 de febreiro de 1989 coa finalidade de evitar as dúas principais formas nas que os distribuidores de software limitaban a liberdade que define ao software libre.[22][23] O primeiro problema era que os distribuidores tiñan a posibilidade de só publicar un único ficheiro binario, un executable que non se podería analizar e estudar.[24]

Para evitar isto a GPLv1 inclúe a afirmación de que as copias e a súa distribución, aínda que sexa só unha parte deste, ten que levar consigo e baixo as mesmas condicións o código fonte dun xeito que se poida analizar e estudar. O segundo problema era que os distribuidores poidan engadir restricións, ben fose na licenza ou ben combinando ese software con outro software que levase asociado outras cláusulas de restricións da súa distribución. A unión de dous grupos con diferentes condicións fai que ese traballo combinado teña a maior das restricións impostas. Para evitar isto a GPLv1 afirma que as versións modificadas, en conxunto, deben ser distribuídas baixo os termos da GPLv1.[25] Polo tanto, o software distribuído baixo os termos de GPLv1 pódense combinar con software de condicións máis permisivas, xa iso non cambia os termos nos que se pode distribuír. Porén, o software distribuído baixo a GPLv1 non se pode combinar con software distribuído de licenzas máis restritivas, xa que iso entraría en conflito coas condicións de distribución que establece a GPLv1.

Versión 2

[editar | editar a fonte]

Tal como afirmou Richard Stallman, o gran cambio da GPLv2 foi introducir a cláusula de «liberdade ou morte»[19], como é que se lle di na súa "sección 7". Esa sección afirma que os autores con traballos baixo esta licenza só poden distribuílo con ela se cumpren todas as obrigas da licenza, independentemente de que teña calquera outro requirimento lexislativo que cumprir. Dito doutro xeito, todas as obrigas ou dereitos da licenza non poden ser cumpridas ou consideradas por separado cando existan conflitos legais que aparezan nalgunha das súas partes. Esta disposición ten como finalidade evitar que calquera parte utilice unha reclamación por violación de patentes ou outro motivo de litixio similar para evadir o cumprimento dalgunha das obrigas e liberdades que os usuarios teñen con esta licenza.[19]

En 1990 comezouse a ver que unha licenza menos restritiva sería estratexicamente útil para a libraría C e para outras librarías que fornecían de servizos de librarías privativas.[26] Cando se publicou a versión 2 da licenza GPL (GPLv2) lanzouse en xuño dese mesmo ano, en 1991, unha segunda licenza - a GNU Lesser General Public License (LGPL) - complementaría desta e numerada do mesmo xeito, a versión 2. A licenza LGPL mudou a súa versión en 1999 a 2.1 e trocou o seu nome a GNU Lesser General Public License, coa finalidade de resaltar a súa finalidade.

Polo xeral indícase na licenza "GPLv2 ou calquera versión posterior" para que os usuarios poidan actualizar ás seguintes versións, como a GPLv3.

Versión 3

[editar | editar a fonte]
Richard Stallman durante o lanzamento da primeira versión da GNU GPLv3 en MIT, Cambridge, Massachusetts, Estados Unidos. Á súa dereita está o doutor de dereito de Columbia Eben Moglen, presidente do Centro de lexislación de software libre.
Richard Stallman abrazando un boneco de GNU nunha visita a Ourense de 2009, onde impartiu o relatorio de "Software libre ou software subxugado: quen ten o control do teu computador?".

A finais de 2005 a Free Software Foundation (FSF) anunciou que estaba a traballar na versión 3 da GPL (GPLv3). O 16 de xaneiro de 2006 publicouse un borrador e comezou o primeiro debate público sobre deste. A consulta pública planificárase para entre nove e quince meses mais aínda transcorridos dezaoito meses aínda se estaba no cuarto borrador do texto. A versión GPLv3 oficial publicouna a FSF o 29 de xuño de 2007. A GPLv3 escribiuna Richard Stallman e co asesoramento xurídico de coa asesoría Eben Moglen e Richard Fontana do Centro de lexislación do software libre (en inglés Software Freedom Law Center).[27][28][29][30]

Segundo Stallman os cambios máis importantes nesta versión foron os relacionados coas patentes de software, a compatibilidade da licenza, a definición de "código fonte", as restricións de hardware en canto á modificación do software ( "TiVoización").[27][31] Outros cambios foron os relacionados coa internacionalización, como se xestionan as violación das obrigas e dereitos e como o propietario outorga os dereitos de autor.

Tamén agregou unha disposición que retira o peso da legalidade dos permisos da "Xestión de dereitos dixitais" (DRM), para que quen quixer poida romper calquera peza que un tribunal poida considerar como DRM e que eses cambios en software con GPL non sexan considerados como un incumprimento de leis que versan sobre das DRM, como a lei americana de "Dereitos de autor da era dixital" (en inglés "Digital Millennium Copyright Act").[32]

A Free Software Foundation, co apoio da Centro de lexislación do software libre, a Free Software Foundation Europea e outros grupos de software libre; coordinaron o proceso de consulta pública.[33][34] Os comentarios do público, feitos coa aplicación stet para a revisión colaborativa de documentos, quedaron recollidas no portal "gplv3.fsf.org". Durante o proceso de consulta pública fixéronse 962 comentarios no primeiro borrador.[35] Ao final da edición enviáronse un total de 2.636 comentarios.[34][35][36][37]

O terceiro borrador liberouse o 28 de marzo de 2007.[36][38] Este borrador incluía unha linguaxe orientada a previr acordos sobre patentes como o polémico acordo entre Microsoft-Novell e pechou as posibles dúbidas entre as definicións de "usuario" e "produto de consumo". Eliminouse tamén a sección de "Limitacións xeográficas", que fora unha posibilidade xa considerada durante o inicio da consulta pública.[39][40]

O cuarto borrador de discusión, e que foi o último, publicouse o 31 de maio de 2007.[41] Nel introduciuse a compatibilidade coa licenza Apache versión 2.0 (as versións anteriores son incompatibles), aclarouse o papel dos provedores externos, e fixo unha excepción para evitar os problemas que se percibiran no acordo Microsoft-Novell dicindo na Sección 11 parágrafo 6 que:

Vostede non pode transferir a súa propiedade dunha obra amparada cando forma parte dun acordo mercantil cunha terceira entidade que se adica a distribución de software, e no que vostede ten unha relación de pagamentos con esa terceira entidade pola súa actividade de transferencia de traballo, e grazas a cal esa terceira parte volva a distribuír ese traballo, ou calquera das partes que reciban o traballo amparado, con licenzas de patentes discriminatorias...

Esta cláusula pretende facer ineficaces as futuras relacións deste tipo. A licenza tamén buscou que Microsoft estendese as patentes que lle concedeu aos usuarios de Novell para que o uso do da licenza GPLv3 se esténdese a todos os usuarios da licenza GPLv3. Iso só é factible cando Microsoft é ten establecido legalmente un acordo mercantil no que hai software coa GPLv3.[39]

Ademais, os borradores previos da GPLv3 permitían a quen establecera a licenza engadir un requisito similar aos da licenza Affero, e que cubriría a fenda legal que se abriu cos servizos ofertados por provedores de servizos de aplicación, que son casos nos que se ofrece un servizo a través dunha rede.[42][43] Con todo, xa que iso suporía un alto custo administrativo a hora de verificar se o código está a ofrecer ese tipo de servizos, decidiuse manter as licenzas licenza GPL e Affero separadas.[44]

Varios desenvolvedores do primeiro plano, e en particular os desenvolvedores de alto nivel do kernel de Linux como Linus Torvalds, Greg Kroah-Hartman e Andrew Morton, comentaron nos medios de comunicación as súas obxeccións as varias partes dos borradores na primeira e segunda discusión do borrador da licenza.[45] Os desenvolvedores do kernel fixeron referencia criticando varias cláusulas dobre da DRM e TiVotización, de patentes e "restricións adicionais" e alertaron dunha "balcanización" do "Universo do software libre".[45][46] Linus Torvalds decidiu non adoptar a GPLv3 no kernel de Linux,[8] e reiterouse anos despois nas súas críticas.[47][48]

GPLv3 mellora a compatibilidade con varias licenzas de software de código aberto como a Apache License versión 2.0 e a GNU Affero General Public License, coa cal a GPLv2 non se puido combinar.[49] As aplicacións con licenza GPLv3 só se poden combinar e compartir código co software con licenzas GPLv2 se a licenza GPLv2 xa tiña establecida a cláusula opcional "ou posterior" e se o software se actualiza á GPLv3.[50] A FSF considera que cláusula "GPLv2 ou calquera versión posterior" debe de ser a forma máis común de poñer como licenza do software GPLv2, hai desenvolvedores como por exemplo o creador de Toybox Rob Landley que a describiron como unha cláusula salvavidas.[51][52] Os proxectos de software licenciados coa cláusula opcional "ou posterior" inclúen o proxecto GNU pero outro exemplo contrario, sen a cláusula, é o kernel de Linux.

A versión final do texto da licenza publicouse o 29 de xuño de 2007.

Termos e condicións

[editar | editar a fonte]

Os termos e condicións da GPL deben estar sempre dispoñibles para calquera que reciba unha copia dun traballo con licenza GPL ("a licenza"). Calquera persoa coa licenza que se adira aos seus termos e condicións ten permiso para modificar o traballo, así como para copiar e facer unha versión derivada e redistribuíla. A persoa coa licenza está autorizada a cobrar unha taxa por servizos, se é que non quere facer uso gratuíto dese software. Este último punto é o que distingue a GPL das licenzas de software privativo, que prohiben a redistribución comercial.[53] A FSF argumenta que o software libre non debería ter restricións en canto ao uso comercial, e a GPL o que fai é afirmar explicitamente que as obras de GPL poden ser vendidas a calquera prezo.

A GPL tamén establece que o distribuidor non pode impoñer "novas restricións aos dereitos concedidos pola GPL". Isto prohibe actividades como a distribución do software baixo un acordo ou contrato de non divulgación.

A cuarta sección da versión 2 da licenza e a sétima sección da versión 3 obrigan a que os programas distribuídos como binarios pre-compilados estean sempre acompañados dunha copia do código fonte, unha indicación escrita para obter o código fonte a través do mesmo mecanismo co que se conseguiu o binario compilado ou dunha oferta escrita para obter o código fonte do binario pre-compilado que obtivo baixo a GPL. A segunda sección da versión 2 e a quinta sección da versión 3 tamén obrigan que "todos os destinatarios reciban unha copia desta licenza xunto coa aplicación". A versión 3 da licenza indica que o código fonte pode estar dispoñible doutras formas adicionais seguindo as indicacións da sétima sección. Estes inclúen a descarga do código fonte dun servidor ou a transmisión por parceiros, sempre que así é como estivese dispoñible o código compilado e que haxa "indicacións claras" de onde atopar so código fonte.

A FSF non ten os dereitos de autoría para as obras que se liberan coa GPL, agás que o autor llos atribúa explicitamente á FSF (que case non ocorre fóra daquelas aplicacións que forman parte do proxecto GNU). Só os posuidores dos dereitos individuais de autor teñen a autoridade para iniciar unha demanda cando se sospeita dunha violación da licenza.

Uso de software coa licenza

[editar | editar a fonte]

As aplicacións coa licenza GPL pódense empregar para todos os fins, incluíndo as finalidades comerciais ou mesmo como ferramentas para crear software privativo, como é o caso de cando se usan compiladores de licenza GPL.[54] Os usuarios ou empresas que distribúen obras con licenza GPL (como pode ser software) poden establecer unha taxa de cobro polas copias ou facer a entrega delas de balde.[53] Isto é o que distingue a licenza GPL do software "shareware", que é o que permite a copia para uso persoal pero prohibe a súa distribución comercial, ou das licenzas privativas nas que toda copia está prohibida amparándose na lei de dereitos de autor. A FSF indica que o software libre debe respectar toda a liberdade polo que non se deben restrinxir os usos e distribucións comerciais (redistribución).

Só para un uso privado (ou interno), sen vendas e sen distribución, o código do software pode ser modificado e as súas partes empregadas de novo sen que iso obrigue a lanzar ao público ese código fonte. Cando se realizan vendas ou distribucións, todo o código fonte, incluídos os cambios de código e as adicións, teñen que facerse accesibles para os usuarios finais. Nese caso o copyleft aplícase para asegurar que os usuarios finais conservan as liberdades definidas anteriormente.[55][56][57][58]

Porén o software que se executa como unha aplicación para un sistema operativo con licenza GPL, como pode ser Linux, non ten porqué estar feito cunha licenza GPL nin precisa de ser distribuído co código fonte. A licenza versa sobre das librarías que usa e das compoñentes do software e non da plataforma sobre da que se usa a aplicación.[58] Como exemplo, se un programa consta só de software personalizado orixinal propio, ou se se combina co código fonte doutros compoñentes de software, logo as compoñentes propias do software personalizado non ten porqué ter unha licenza GPL e non ten porqué facerse dispoñible o seu código. Iso cando o sistema operativo subxacente si está usando unha licenza GPL, as aplicacións que se executan sobre del non se consideran traballos derivados.[58][59] Só se se usan partes dunha aplicación coa GPL noutro (e ese programa se distribúe), o restante código fonte da aplicación se ten que poñer baixo os mesmos termos da licenza. A GNU Lesser General Public license (LGPL) foi creada para ter un copyleft máis compatible que a GPL, xa que non obriga a que o código fonte desenvolvido por un propio cliente (distinto das partes coa LGPL) teña que ser liberado baixo os mesmos termos de licenza.

Artigo principal: Copyleft.

Os dereitos de distribución que concede a GPL para as versións modificadas das obras están suxeitos a condicións. Cando alguén distribúe unha obra con licenza GPL e mailas súas propias modificacións, os requirimentos para distribuír ese traballo completo non pode abranguer máis do que xa indican as condicións da GPL.

Esta obriga coñécese como o copyleft. O seu fundamento legal xorde da lexislación do copyright, de dereitos de autor, aplicada ao software. O traballo GPL está suxeito a copyright co cal a persoa que baixo as condicións da licenza, non ten dereitos a redistribuíla obra nin modificala (agás en casos de uso lexítimo) non sendo que se cumpran as condicións da licenza. O que se precisa é que se acepten as condicións da GPL para, grazas a ela, os dereitos que lei de dereitos de autoría restrinxe, se poidan facer, como redistribuír a obra. Por outra banda, se se distribúen copias da obra sen cumprir os termos da GPL (por exemplo, mantendo o código fonte en segredo), o autor orixinal pode demandalo baixo o estipulado pola a lei de dereitos de autor.

O copyleft usa a lei de dereitos de autor para facer o contrario ao seu propósito xeral: no canto de impoñer restricións, concede máis dereitos ás demais persoas dun xeito que eses dereitos non se poden eliminar posteriormente. Tamén garante que non se outorguen dereitos de redistribución ilimitados no caso de se detectaren fallos legais nas condicións de copyleft.

Moitos distribuidores de aplicacións coa GPL empaquetan o código fonte cos ficheiros executables. Outro método alternativo para cumprir o copyleft é facilitar tras unha petición por escrito o xeito e obter o código fonte nun medio físico (como un CD). Na práctica moito do software coa GPL distribúense por Internet e o código fonte está dispoñible a través dun servizo FTP ou HTTP. Cando a distribución da aplicación se fai por Internet, iso xa cumpre coa licenza.

O copyleft só se considera cando alguén busca redistribuír o programa. Os desenvolvedores poden realizar versións modificadas nun sistema privado sen que iso supoña a obrigación de divulgar as súas modificacións, sempre e cando ese software non se lle distribúa a alguén máis. Cabe considerar que o copyleft só se aplica ao software e non ao material ou obras que con este se faga (agás que iso sexa outra aplicación derivada). Por exemplo, un portal web público que emprega un sistema de xestión de contido cunha licenza GPL non precisa distribuír os seus contidos cambios que este fai no sistema de xestión polo seu uso, xa que ese contido non é derivado.

Ten habido debates sobre se se trata dunha violación da GPL liberar o código fonte dun xeito pouco claro ou con atrancos, como se dá en casos nos que o autor non ten toda a vontade de compartir o código fonte. O consenso deste debate chegou a que, aínda que non é ético, non se pode considerar que quebre as condicións da licenza. Este problema aclarouse coa entrada da licenza versión 2, que inclúe esixencia de que a versión "preferible" é que o código fonte estea sempre dispoñible.[60]

Licenza fronte a contrato

[editar | editar a fonte]

A GPL deseñouse como unha licenza e non como un contrato.[61][62] Nalgunhas xurisdicións onde se rexen polo Dereito Común anglosaxón, a distinción legal entre unha licenza e un contrato é importante. Os contratos réxense pola lei de contratación mentres que as licenzas réxense pola lei de dereitos de autor. Porén, esta distinción non é útil en moitas das xurisdicións que se rexen polo dereito civil, nas que non hai diferenzas entre os contratos e as licenzas.[63]

Aqueles que non acepten os termos e condicións da GPL non teñen permiso, baixo a licenza de copyright, para copiar ou distribuír obras e/os seus derivados coa licenza GPL. Con todo, namentres non redistribúan a aplicación coa GPL, poden empregala dentro da súa organización e facer as obras que queiran con el sen que iso signifique que teñan que liberarse con esa licenza.

Allison Randal criticou a licenza GPLv3 dicindo que é innecesariamente confusa para os lexisladores xa que se podería simplificar mantendo as mesmas condicións.[64] En abril de 2017 un tribunal federal dos Estados Unidos determinou que unha licenza de código aberto é un contrato aplicable de obrigado cumprimento.[65]

Obras derivadas

[editar | editar a fonte]

O mesmo texto da GPL ten os seus propios dereitos de autor e están en posesión da Free Software Foundation. A FSF permítelle ás persoas crear novas licenzas coa súa base na GPL sen ningún tipo de requirimento, mais sempre e cando non empreguen o preámbulo da licenza sen o seu permiso. Malia a todo, desaconséllano xa que esas licenzas poderían ser incompatibles coa GPL[66] e xerar un caso de proliferación de licenzas sen unha necesidade aparente.

Outras licenzas que creou o proxecto GNU foron a GNU Lesser General Public License, a GNU Free Documentation License e a Affero General Public License.

O propio texto da GPL non está suxeito á licenza GPL. Os dereitos de autor desta licenza non permiten a modificación da licenza. Mesmo a copia da licenza está permitida grazas a obrigación desta a que os destinatarios reciban "unha copia desta licenza a canda a aplicación". Segundo as preguntas frecuentes da GPL, quen quixer pode facer unha nova licenza usando unha versión modificada da GPL sempre e cando esa persoa lle dea un nome diferente á resultante. Esa nova licenza non podería citar a "GNU" e tería que eliminar por completo o preámbulo. Con todo, o preámbulo poderíase empregar se a Free Software Foundation lle emite un permiso expreso á persoa que o desexe cambiar.[67]

Compatibilidade e múltiples licenzas

[editar | editar a fonte]
Esquema simplificado da compatibilidade entre licenzas coa GPLv3, segundo a FSF. As liñas descontinuas indican que a GPLv2 só é compatible coa GPLv3 se inclúe a cláusula "ou calquera versión porterior". En fondo branco, á esquerda, están as licenzas permisivas. En fondo verde, á dereita, as licenzas só compatibles coa GPLv3. As liñas horizontais descontinuas indican que licenzas son brandas (arriba), en canto aos termos do copyleft, cales son moderadas (entre as dúas liñas descontinuas) e cales son esixentes (por debaixo da liña inferior).

O código suxeito a outras licenzas pódese combinar coas aplicacións que teñan licenzas GPL sen conflito, sempre e cando as condicións do traballo resultante non implique maiores restricións que a GPL. Ademais dos termos xerais da GPL existen outras restricións e permisos adicionais que se poden aplicar:

  • 1. Se un usuario quere combinar o código licenciado baixo as diferentes versións de GPL, só se permite que o código coa versión anterior de GPL inclúa unha declaración "ou calquera versión posterior".[67] Por exemplo, a biblioteca GNU LibreDWG con licenza GPLv3 xa non pode ser utilizada por LibreCAD e FreeCAD que teñen dependencias exclusivas de GPLv2.[68][69][70]
  • 2. O código licenciado baixo a LGPL permite conectarse con calquera outro código, independentemente da licenza que teña ese código, aínda que a LGPL engada requisitos adicionais para o traballo combinado. Por exemplo, LGPLv3 e GPLv2 só non se poden vincular, xa que o traballo de código combinado engadirá requisitos LGPLv3 adicionais enriba do software con licenza GPLv2. O código licenciado baixo LGPLv2.x sen a declaración de "calquera versión posterior" pode ser a relicenciada se todo o traballo combinado está licenciado para GPLv2 ou GPLv3.[71]

A FSF mantén unha lista[72] de licenzas de software libre compatibles con licenza GPL[73][74] que conteñen moitas das licenzas de software libre máis comúns, como a licenza MIT orixinal ou licenza MIT/X, a licenza BSD (no seu actual formulario de 3 cláusulas) e a licenza Licenza Artística 2.0.[75]

David A. Wheeler defendeu que os desenvolvedores de software libre/de código aberto só usan licenzas compatibles con GPL, porque facer o contrario dificulta que outros participen e contribúan ao código.[76] Como exemplo específico de incompatibilidade de licenza, o ZFS de Sun Microsystems non se pode incluír no núcleo de Linux con licenza GPL, porque está licenciado baixo a licenza de distribución común e desenvolvemento incompatible da GPL. Ademais, ZFS está protexida por patentes, así que distribuír unha implementación desenvolvida de forma independente aínda requirirá o permiso de Oracle.[77]

Unha serie de empresas usan licenzas múltiples para distribuír unha versión GPL e vender unha licenza de propiedade exclusiva para empresas que desexen combinar o paquete con código propietario, usando enlaces dinámicos ou non. Exemplos destas compañías inclúen MySQL AB, Digia PLC, Qt, (Qt framework antes de 2011 de Nokia), Red Hat (Cygwin) e Riverbank Computing (PyQt). Outras compañías, como a Fundación Mozilla (os produtos inclúen a Mozilla Application Suite, Mozilla Thunderbird e Mozilla Firefox), usaron múltiples licenzas para distribuír versións baixo a licenza GPL e outras fontes de código aberto.

Documentos e outros medios

[editar | editar a fonte]

A GPL pódese empregar para documentos de texto e non só para software computacional ou mesmo, dun xeito máis xeral, para todo tipo de medios nos que sexa claro que é o que o que constitúe o código fonte (definido como "a forma máis axeitada para traballar e facer cambios nel").[78] Malia a todo a FSF aconsella que no caso de manuais ou libros de texto se empregue a GNU Free Documentation License (GFDL), xa que creou para ese fin.[79]

Porén, os grupo de desenvolvemento de Debian aconsellou nunha das súas resolucións que foi aprobada en 2006 que a licenza de documentación do proxecto estivese tamén baixo a licenza GPL. Esa decisión debeuse a que hai unha incompatibilidade da GFDL coa GPL: un texto coa licenza GFDL non se pode incorporar nas aplicacións que teñan unha GPL.[80][81] Ademais a fundación FLOSS Manuals, unha organización adicada á creación de manuais de software libre, decidiu desde o 2007 evitar a GFDL nos seus textos e decantarse pola GPL.[82]

Cando se emprega a GPL para as fontes de tipografía, os documentos e as imaxes que se fixesen usándoa están na obriga de liberarse cunha licenza GPL. Isto é algo que non acontece dentro de países como os Estados Unidos ou o Canadá xa que alí a lei copyright establece que non é de uso no estilo da tipografía. Si que o é igualmente aquel código fonte que esta asociado ao ficheiro da tipografía.

Este caso pode complicar o incorporar fontes en ficheiros xa que o documento pode ser considerase como unha obra "ligada" á fonte tipográfica. A FSF estableceu unha cláusula para os casos de excepción no que non se desexa que se aplique ao uso de tipografía.[83][84]

  1. Free Software Foundation (eds.). "Licenses: Frequently Asked Questions about the GNU Licenses". Does using the GPL for a program make it GNU Software?. The GNU Project (en inglés). Consultado o 12/01/2018. 
  2. Black Duck Software (eds.). "Top 20 licenses". Arquivado dende o orixinal o 19/07/2016. Consultado o 12/01/2018. MIT License 32%, GNU General Public License (GPL 2.0) 18%, Apache License 2.0 14%, GNU General Public License (GNU) 3.0 7%, BSD License 2.0 (3-cláusula, nova ou revisada) License 6%, ISC License 5%, Artistic License (Perl) 4%, GNU Lesser General Public License (LGPL) 2.1 4%, GNU Lesser General Public License (LGPL) 3.0 2%, Eclipse Public License (EPL) 1%, Microsoft Public License 1%, Simplified BSD License (BSD) 1%, Code Project Open License 1.02 1%, Mozilla Public License (MPL) 1.1 < 1%, GNU Affero General Public License v3 ou posterior l < 1% ... 
  3. David A. Wheeler (06/11/2000 (algunha modificación o 30/06/2004). "Estimating Linux's Size". dwheeler.com. Consultado o 12/01/2018. 
  4. "Freecode's statistics page". Arquivado dende o orixinal o 28/08/2008. Consultado o 02/09/2013. GPL 60.5%, lGPLv2 6.9%, GPLv2 1.9% GPLv3 1.6% 
  5. Asay, Matt (23/07/2009). News.cnet.com, eds. "GPLv3 hits 50 percent adoption & The Open Road". CNET News. Arquivado dende o orixinal o 29/10/2013. Consultado o 02/09/2013. 
  6. Michael Kerrisk (17/04/2013). "Surveying open source licenses". LWN.net. Consultado o 02/09/2013. Walter van Holst is a legal consultant at the Dutch IT consulting company mitopics. ... Walter instead chose to use data from a software index, namely Freecode ... Walter's 2009 data set consisted of 38,674 projects ... The final column in the table shows the number of projects licensed under "any version of the GPL". In addition, Walter presented pie charts that showed the proportion of projects under various common licenses. Notable in those data sets was that, whereas in 2009 the proportion of projects licensed GPLv2-only and GPLv3 was respectively 3% and 2%, by 2013, those numbers had risen to 7% and 5%. 
  7. David A. Wheeler (0109/2006). "Planet definition problems, and Pluto too: Why the GPL rocketed Linux to success". dwheeler.com. Arquivado dende o orixinal o 25/06/2013. Consultado o 02/09/2013. So while the BSDs have lost energy every time a company gets involved, the GPL'ed programs gain every time a company gets involved. 
  8. 8,0 8,1 Torvalds, Linus. kernel.org, eds. "COPYING". Consultado o 13 August 2013. Also note that the only valid version of the GPL as far as the kernel is concerned is _this_ particular version of the license (ie v2, not v2.2 or v3.x or whatever), unless explicitly otherwise stated. 
  9. Linus Torvalds (8/09/2000). lkml.iu.edu, eds. "Linux-2.4.0-test8". Consultado o 12/01/2017. The only one of any note that I'd like to point out directly is the clarification in the COPYING file, making it clear that it's only _that_ particular version of the GPL that is valid for the kernel. This should not come as any surprise, as that's the same license that has been there since 0.12 or so, but I thought I'd make that explicit 
  10. Free Software Foundation, eds. (04/04/2017). "Various Licenses and Comments about Them". GNU General Public License (GPL) version 2. The GNU Project. Arquivado dende o orixinal o 20/07/2017. Consultado o 12/01/2017. "... This is the previous version of the GNU GPL: a free software license, and a copyleft license. ... Please note that GPLv2 is, by itself, not compatible with GPLv3. However, most software released under GPLv2 allows you to use the terms of later versions of the GPL as well. When this is the case, you can use the code under GPLv3 to make the desired combination. ..." 
  11. Free Software Foundation, eds. (04/04/2017). "Various Licenses and Comments about Them". GNU General Public License (GPL) version 3. The GNU Project. Arquivado dende o orixinal o 20/07/2017. Consultado o 12/01/2018. "...This is the latest version of the GNU GPL: a free software license, and a copyleft license. ... Please note that GPLv3 is not compatible with GPLv2 by itself. However, most software released under GPLv2 allows you to use the terms of later versions of the GPL as well. When this is the case, you can use the code under GPLv3 to make the desired combination. ..." 
  12. "Licenses by Name". Open Source Initiative. n.d. Arquivado dende o orixinal o 20/07/2017. Consultado o 13/01/2018. ..."The following licenses have been approved by the OSI.""...GNU General Public License version 2 (GPL-2.0), GNU General Public License version 3 (GPL-3.0)..."" 
  13. Software in the Public Interest, eds. (12/07/2017). "License information". The Debian Project. Arquivado dende o orixinal o 20/07/2017. "...This page presents the opinion of some debian-legal contributors on how certain licenses follow the Debian Free Software Guidelines (DFSG).;... Licenses currently found in Debian main include: MIT-style licenses 
  14. Free Software Foundation (eds.). "Licenses: Frequently Asked Questions about the GNU Licenses". If a library is released under the GPL (not the LGPL), does that mean that any software which uses it has to be under the GPL or a GPL-compatible license?. The GNU Project. Consultado o 12/01/2017. 
  15. Free Software Foundation (eds.). "Copyleft: Pragmatic Idealism". The GNU Project. Consultado o 12/01/2017. 
  16. Copyfree (eds.). "Rejected Licenses". standard > rejected (en inglés). 
  17. GNU Emacs, eds. (1985). "GNU Emacs version 16.56: GNU Emacs Copying Permission Notice". Consultado o 12/01/2018. 
  18. "The History of the GPL". free-soft.org. Consultado o 12/01/2018. 
  19. 19,0 19,1 19,2 Stallman, Richard (21/04/2006). Free Software Foundation Europe, eds. "Presentation at the second international GPLv3 conference, held in Porto Alegre". Porto Alegre. Consultado o 02/09/2013. 
  20. Free Software Foundation (eds.). "Why Upgrade to GPL Version 3 --GPLv3". The GNU Project. Consultado o 12/01/2018. 
  21. Free Software Foundation (eds.). "FSF releases the GNU General Public License, version 3 – Free Software Foundation – working together for free software". Consultado o 12/01/2018. 
  22. Free Software Foundation (eds.). "GNU General Public License, version 1". The GNU Project. Consultado o 12/01/2018. 
  23. Leonard H. Tower Jr. (26/02/1989). GNU Announce, eds. "New General Public License". groups.google.com. Consultado o 12/01/2018. 
  24. Seccións 3a e 3b da licenza.
  25. Seccións 2b e 4 da licenza.
  26. Para ver todo o razoamento do proxecto vaiase a súa web O Proxecto GNU.
  27. 27,0 27,1 Stallman, Richard (25/02/2006). ifso.ie, eds. "Presentation in Brussels, Belgium—the first day of that year's FOSDEM conference.". FOSDEM, Bruselas. Arquivado dende o orixinal o 25/08/2017. Consultado o 12/01/2018. 
  28. Steven Vaughan-Nichols (12/06/2007). "Linux Founder Still Sees No Reason to Use GPLv3". Baseline. Consultado o 12/01/2018. 
  29. Steven Vaughan-Nichols (12/06/2007). "Linux Founder Still Sees No Reason to Use GPLv3". eweek.com. Consultado o 12/01/2018. 
  30. Bruce Byfield (25/08/2006). "The GPLv3 process: Public consultation and private drafting". linux.com. Arquivado dende o orixinal o 24/06/2008. Consultado o 12/01/2018. 
  31. Colin McGregor (23/01/2008). "Interview with Richard M. Stallman". Free Software Magazine. Arquivado dende o orixinal o 20/11/2017. Consultado o 12/01/2018. 
  32. Brett Smith. Free Software Foundation, eds. "A Quick Guide to GPLv3". Neutralizing Laws That Prohibit Free Software — But Not Forbidding DRM. The GNU Project. Consultado o 12/01/2018. 
  33. Free Software Foundation Europe (eds.). "GPLv3: Drafting version 3 of the GNU General Public License". Consultado o 12/01/2018. 
  34. 34,0 34,1 Free Software Foundation (eds.). "gplv3.fsf.org comments for draft 4". The GNU Project. Arquivado dende o orixinal o 02/10/2008. Consultado o 12/01/2018. Showing comments in file 'gplv3-draft-4' ... found 298 
  35. 35,0 35,1 Free Software Foundation (eds.). "gplv3.fsf.org comments for draft 1". The GNU Project. Arquivado dende o orixinal o 26/06/2008. Consultado o 12/01/2018. Showing comments in file 'gplv3-draft-1' ... found 962 
  36. 36,0 36,1 Free Software Foundation (eds.). "gplv3.fsf.org comments for draft 3". The GNU Project. Arquivado dende o orixinal o 03/07/2008. Consultado o 12/01/2018. Showing comments in file 'gplv3-draft-3' ... found 649 
  37. Free Software Foundation (eds.). "gplv3.fsf.org comments for draft 2". The GNU Project. Arquivado dende o orixinal o 24/07/2008. Consultado o 12/01/2018. Showing comments in file 'gplv3-draft-1' ... found 727 
  38. Free Software Foundation (eds.). "Guide to the third draft of GPLv3". The GNU Project. Consultado o 12/01/2018. 
  39. 39,0 39,1 Free Software Foundation (eds.). "GPL version 3 FAQ". The GNU Project. Consultado o 12/01/2018. 
  40. Free Software Foundation (eds.). "Fourth Discussion Draft Rationale" (PDF). The GNU Project. Consultado o 12/01/2018. 
  41. Free Software Foundation (eds.). "Final Discussion Draft". The GNU Project. Consultado o 12/01/2018. 
  42. Tiemann, Michael (7/06/2007). Open Source Initiative (OSI), eds. "GNU Affero GPL version 3 and the "ASP loophole"". opensource.org. Arquivado dende o orixinal o 14/08/2020. Consultado o 12/01/2018. 
  43. Free Software Foundation (eds.). "List of free-software licences". Consultado o 02/09/2013. We recommend that people consider using the GNU AGPL for any software which will commonly be run over a network. The latest version is version 3. 
  44. Free Software Foundation (eds.). "Licenses: Frequently Asked Questions about the GNU Licenses". Why did you decide to write the GNU Affero GPLv3 as a separate license?. The GNU Project (en inglés). Consultado o 12/01/2018. 
  45. 45,0 45,1 James E.J. Bottomley; Mauro Carvalho Chehab; Thomas Gleixner; Christoph Hellwig; Dave Jones; Greg Kroah-Hartman; Tony Luck; Andrew Morton; Trond Myklebust; David Woodhouse (15/09/2006). LWN.net, eds. "Kernel developers' position on GPLv3 - The Dangers and Problems with GPLv3". Consultado o 12/01/2018. The current version (Discussion Draft 2) of GPLv3 on first reading fails the necessity test of section 1 on the grounds that there's no substantial and identified problem with GPLv2 that it is trying to solve. However, a deeper reading reveals several other problems with the current FSF draft: 5.1 DRM Clauses ... 5.2 Additional Restrictions Clause ... 5.3 Patents Provisions... since the FSF is proposing to shift all of its projects to GPLv3 and apply pressure to every other GPL licensed project to move, we foresee the release of GPLv3 portends the Balkanisation of the entire Open Source Universe upon which we rely. 
  46. Petreley, Nicholas (27/09/2006). "A fight against evil or a fight for attention?". linuxjournal.com. Consultado o 12/01/2018. Second, the war between Linus Torvalds and other Kernel developers and the Free Software Foundation over GPLv3 is continuing, with Torvalds saying he's fed up with the FSF. 
  47. Kerner, Sean Michael (8/01/2008). "Torvalds Still Keen On GPLv2". internetnews.com. Consultado o 13/01/2018. In some ways, Linux was the project that really made the split clear between what the FSF is pushing which is very different from what open source and Linux has always been about, which is more of a technical superiority instead of a -- this religious belief in freedom," Torvalds told Zemlin. So, the GPL Version 3 reflects the FSF's goals and the GPL Version 2 pretty closely matches what I think a license should do and so right now, Version 2 is where the kernel is. 
  48. Linus Torvalds says GPL v3 violates everything that GPLv2 stood for. Portland, Oregon. 04/09/2014. Consultado o 12/01/2018. 
  49. Sara Harrington, Suzanne Bell e Adit Khorana (29/06/2007). Tech LawForum, eds. "GPL 3 Overview". Palo Alto. Consultado o 12/01/2018. 
  50. Free Software Foundation (eds.). "A Quick Guide to GPLv3". The GNU Project. Consultado o 12/01/2018. 
  51. Landley, Rob. The Linux Foundation, eds. "Embedded Linux Conference 2013 - Toybox: Writing a New Command Line" (video). Consultado o 12/01/2018. GPLv3 broke "the" GPL into incompatible forks that can't share code. ... FSF expected universal compliance, but hijacked lifeboat clause when boat wasn't sinking. ... 
  52. Landley, Rob. landley.net, eds. "CELF 2013 Toybox talk". Consultado o 12/01/2018. GPLv3 broke "the" GPL into incompatible forks that can't share code. ... FSF expected universal compliance, but hijacked lifeboat clause when boat wasn't sinking. ... 
  53. 53,0 53,1 Free Software Foundation (eds.). "Philosophy: Selling Free Software". The GNU Project. Consultado o 12/01/2018. 
  54. Free Software Foundation (eds.). "Licenses: Frequently Asked Questions about the GNU Licenses". Can I use GPL-covered editors such as GNU Emacs to develop nonfree programs? Can I use GPL-covered tools such as GCC to compile them?. The GNU Project (en inglés). Consultado o 12/01/2018. 
  55. Free Software Foundation (eds.). "Licenses: Frequently Asked Questions about the GNU Licenses". Does the GPL require that source code of modified versions be posted to the public?. The GNU Project (en inglés). Consultado o 12/01/2018. 
  56. Free Software Foundation (eds.). "Licenses: Frequently Asked Questions about the GNU Licenses". A company is running a modified version of a GPL'ed program on a web site. Does the GPL say they must release their modified sources?. The GNU Project (en inglés). Consultado o 12/01/2018. 
  57. Free Software Foundation (eds.). "Licenses: Frequently Asked Questions about the GNU Licenses". Is making and using multiple copies within one organization or company “distribution”?. The GNU Project (en inglés). Consultado o 12/01/2018. 
  58. 58,0 58,1 58,2 Free Software Foundation (eds.). "Licenses: Frequently Asked Questions about the GNU Licenses". If I port my program to GNU/Linux, does that mean I have to release it as free software under the GPL or some other Free Software license?. The GNU Project (en inglés). Consultado o 12/01/2018. 
  59. Un exemplo: se as librarías con licenza "GNU Lesser General Public License" (LGPL-), as compoñentes do software LGPL e as compoñentes con licenzas de software permisivas (como as licenzas MIT e BSD) se usan (e non a propia GPL), logo se teñen que liberar as pezas do código fonte das partes coa licenza LGPL e que os desenvolvedores as teñan dispoñibles, para que fagan o que precisen con elas. Iso acontece mesmo cando o sistema operativo para o que se construíron fora GPL, como é o caso de Linux.
  60. 'tomcatsdb' (7/03/2011). LWN.net, eds. "Reasoning behind the "preferred form" language in the GPL (En resposta a: Commitment to Open, Red Hat News)". Consultado o 12/01/2018. 
  61. Stallman, Richard M. (09/06/2006). Free Software Foundation, eds. "Don't Let ‘Intellectual Property’ Twist Your Ethos". The GNU Project. 
  62. "Transcript of Eben Moglen at the 3nd international GPLv3 conference". 22/07/2006. Consultado o 12/01/2018. 
  63. Guadamuz-Gonzalez, Andres (2004). "Viral contracts or unenforceable documents? Contractual validity of copyleft licenses". European Intellectual Property Review (8 ed.) 26: 331–339. SSRN 569101. 
  64. Allison Randal (14/05/2007). "GPLv3, Clarity and Simplicity". Arquivado dende o orixinal o 15/10/2008. Consultado o 12/01/2018. 
  65. Keith Collins (11/05/2017). "A federal court has ruled that an open-source license is an enforceable contract". Consultado o 12/01/2018. 
  66. Free Software Foundation (eds.). "Licenses: Frequently Asked Questions about the GNU Licenses". GPL FAQ: Can I modify the GPL and make a modified license?. The GNU Project. Consultado o 12/01/2018. 
  67. 67,0 67,1 Free Software Foundation (eds.). "Licenses: Frequently Asked Questions about the GNU Licenses". Is GPLv3 compatible with GPLv2?. The GNU Project (en inglés). Consultado o 12/01/2018. No. Some of the requirements in GPLv3, such as the requirement to provide Installation Information, do not exist in GPLv2. As a result, the licenses are not compatible: if you tried to combine code released under both these licenses, you would violate section 6 of GPLv2. However, if code is released under GPL “version 2 or later,” that is compatible with GPLv3 because GPLv3 is one of the options it permits. 
  68. Prokoudine, Alexandre (27/12/2012). libregraphicsworld.org, eds. "LibreDWG drama: the end or the new beginning?". Arquivado dende o orixinal o 09/11/2016. Consultado o 12/01/2018. ... the unfortunate situation with support for DWG files in free CAD software via LibreDWG. We feel, by now it ought to be closed. We have the final answer from FSF. ... "We are not going to change the license." 
  69. Larabel, Michael (24/01/2013). Phoronix, eds. "FSF Wastes Away Another "High Priority" Project". Arquivado dende o orixinal o 09/11/2016. Consultado o 12/01/2018. Both LibreCAD and FreeCAD both want to use LibreDWG and have patches available for supporting the DWG file format library, but can't integrate them. The programs have dependencies on the popular GPLv2 license while the Free Software Foundation will only let LibreDWG be licensed for GPLv3 use, not GPLv2. 
  70. Free Software Foundation (eds.). "GNU Lesser General Public License v2.1: Preamble". The GNU Project. Consultado o 12/01/2018. 
  71. Free Software Foundation (eds.). "Licenses: Frequently Asked Questions about the GNU Licenses". How are the various GNU licenses compatible with each other?. The GNU Project (en inglés). Consultado o 12/01/2018. 
  72. Free Software Foundation (eds.). "Licenses: Various Licenses and Comments about". Them Software Licenses: GPL-Compatible Free Software Licenses. The GNU Project (en inglés). Consultado o 12/01/2018. 
  73. Free Software Foundation (eds.). "Licenses: Frequently Asked Questions about the GNU Licenses". What does it mean to say that two licenses are “compatible”?. The GNU Project (en inglés). Consultado o 12/01/2018. 
  74. Free Software Foundation (eds.). "Licenses: Frequently Asked Questions about the GNU Licenses". What does it mean to say a license is “compatible with the GPL?”. The GNU Project (en inglés). Consultado o 12/01/2018. 
  75. blackducksoftware.com (eds.). "Black Duck Open Source Resource Center". Arquivado dende o orixinal o 14/10/2012. Consultado o 12/01/2018. 
  76. David A. Wheeler (06/05/2002 (revisado 16/02/2014)). "Make Your Open Source Software GPL-Compatible. Or Else.". dwheeler.com. Arquivado dende o orixinal o 23/04/2002. Consultado o 12/01/2018. 
  77. Jeremy (19/04/2007). KernelTrap (arquivado en 'webarchive'), eds. "Linux: ZFS, Licenses and Patents". Arquivado dende o orixinal o 12/06/2011. Consultado o 12/01/2018. 
  78. Free Software Foundation (eds.). "Frequently Asked Questions about the GNU Licenses". Can I use the GPL for something other than software?. Proxecto GNU. Consultado o 13/01/2018. 
  79. Free Software Foundation (eds.). "Frequently Asked Questions about the GNU Licenses". Why don't you use the GPL for manuals?. Proxecto GNU. Consultado o 13/01/2018. 
  80. Srivastava, Manoj (2006). The Debian Project, eds. "Draft Debian Position Statement about the GNU Free Documentation License (GFDL)". people.debian.org. Consultado o 13/01/2018. It is not possible to borrow text from a GFDL'd manual and incorporate it in any free software program whatsoever. This is not a mere license incompatibility. It's not just that the GFDL is incompatible with this or that free software license: it's that it is fundamentally incompatible with any free software license whatsoever. So if you write a new program, and you have no commitments at all about what license you want to use, saving only that it be a free license, you cannot include GFDL'd text. The GNU FDL, as it stands today, does not meet the Debian Free Software Guidelines. There are significant problems with the license, as detailed above; and, as such, we cannot accept works licensed under the GNU FDL into our distribution. 
  81. The Debian Project, eds. (2006). "Resolution: Why the GNU Free Documentation License is not suitable for Debian. Voted February–March 2006.". Consultado o 13/01/2018. 
  82. "License Change". FLOSS Manuals Foundation. 06/06/2007. Arquivado dende o orixinal o 28/02/2008. Consultado o 13/01/2018. 
  83. David "Novalis" Turner (25/04/2005). Free Software Foundation, eds. "Font Licensing". FSF Blogs. Consultado o 13/01/2018. 
  84. GNU Project. Free Software Foundation, eds. "Licenses: Frequently Asked Questions about the GNU Licenses". How does the GPL apply to fonts?. Consultado o 13/01/2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]