Saltar ao contido

Gravity Recovery and Interior Laboratory

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «GRAIL B»)
GRAIL / Gravity Recovery and Interior Laboratory
Representación artística das naves GRAIL
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento10 de setembro de 2011, 13:08 GMT[1][2][3][4][5][6][7]
Foguete portadorDelta 7920H[3][4][8]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 17B[3][4][9]
Obxectivo da misiónMedición do campo gravitatorio lunar.[3][3][4][4][9]
NSSDC ID2011-046A
Masa132,6 kg cada nave[3][4][8][9]

GRAIL (acrónimo de Gravity Recovery And Interior Laboratory) foi unha misión composta por dous satélites artificiais da NASA, lanzados o 10 de setembro de 2011 mediante un foguete Delta 7920H desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[3][4][8][9]

Características

[editar | editar a fonte]

GRAIL estaba composto por dous satélites, denominados GRAIL A e GRAIL B e máis tarde bautizados como Ebb e Flow. A súa misión era determinar, por medio da medición precisa da distancia entre as dúas naves mentres estaban en órbita e por tanto das variacións do campo gravitatorio, a estrutura do interior lunar, investigar evolución térmica da Lúa, cartografar a estrutura da codia e a litosfera, estudar a estrutura das cuncas de impacto e a orixe dos mascons, determinar a evolución temporal da codia e o vulcanismo luares e determinar os límites do núcleo lunar. GRAIL é herdeira da misión GRACE, que estudou as variacións do campo gravitatorio terrestre.[3][4]

As naves foron construídas por Lockheed Martin usando o bus XSS-11 e instrumentos derivados dos da misión GRACE. Tiñan forma de prisma rectangular e unhas masas baleiras de 132,6 kg (202,4 kg cheas de propelente). A enerxía era proporcionada por dous paneis soares que alimentaban unha batería de ión litio e a propulsión corría a cargo dun motor de 22 N de impulso. As manobras máis sutiles tiñan lugar usando un propulsor de gas frío e tres volantes de inercia. O guiado e o control de actitude usaban un sensor solar, un sensor estelar e unha unidade inercial. As naves comunicábanse coa Terra na banda S, mentres que para a determinación da distancia entre elas usaban un sistema en banda Ka denominado LGRS (Lunar Gravity Ranging System). Ademais, levaban con varias cámaras denominadas MoonKam con obxectivos educativos.[3][4]

Mapa do espesor da codia lunar obtido polas naves GRAIL.

Desenvolvemente da misión

[editar | editar a fonte]

Ámbalas dúas naves engalaron no mesmo foguete o 10 de setembro de 2011 e inxectadas nunha órbita de baixa enerxía a través do punto de Lagrange Terra-Sol L1 que as levou á Lúa en 3,5 meses. Ao final da súa viaxe, as naves aproximáronse á Lúa polo polo sur cun día de diferenza, acendendo os seus motores durante unha hora para entrar nunha órbita lunar elíptica, de 8 horas de período. Tras varias manobras as naves quedaron na súa órbita de traballo, de 50 km de altura, cun período de 113 minutos e cunha distancia entre naves variable entre 175 e 225 km.[3][4][8]

Durante a misión principal, que se completou o 29 de maio de 2012, as naves foron baixando a súa órbita ata unha distancia mínima de 25 x 86 km. Ao final da misión principal se lles ordenou apagar os seus instrumentos. Tras decidir estender a misión, o control de terra ordenou acender os instrumentos de novo o 30 de agosto, baixando a órbita ata só 23 km sobre a superficie lunar. Ao final da misión estendida, e debido á imposibilidade dunha segunda extensión polo esgotamento do propelente, as naves foron dirixidas para impactar sobre a superficie o 17 de decembro de 2012.[3][4][8]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "GRAIL A" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  2. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "GRAIL B" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 NASA (14 de maio de 2012). "Gravity Recovery And Interior Laboratory-A (GRAIL)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 NASA (14 de maio de 2012). "Gravity Recovery And Interior Laboratory-B (GRAIL)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  5. "Note verbale dated 14 November 2011 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General". COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (11-87980): 4. 12 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de abril de 2014. Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  6. Claude Lafleur (2010). "GRAIL-A" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  7. Claude Lafleur (2010). "GRAIL B" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "GRAIL A, B (Discovery 11, Ebb, Flow)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Mark Wade (2011). "Grail" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]