GZ Nación
Aparencia
GZ Nación | |
---|---|
Tipo | Xornal dixital |
Fundación | 2006 |
Remata | 2009/10 |
Empresa editora | Carrumeiro Media S. A. |
Tendencia | Nacionalismo galego |
Lingua | lingua galega |
Na rede | |
http://gznacion.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
GZ Nación, tamén denominado GZnación.com, foi un xornal dixital galego de liña editorial nacionalista. Publicouse entre os anos 2006 e 2010.
Historia
[editar | editar a fonte]Comezou a se publicar en decembro de 2006. No ano 2008 chegou a editar un número en papel.[1][2]
En 2009 a empresa editora, Carrumeiro Media S. A., desfíxose de tódolos traballadores[3] por mor da caída de negocio após a saída do goberno do Bipartito.[4] O diario mantívose até 2010, momento en que desapareceu canda proxectos históricos de comunicación en galego como Vieiros, A Nosa Terra e Galicia Hoxe, na que foi a etapa negra do xornalismo galego.[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "GZnación, agora tamén en papel". Malmequer. 17 de xullo de 2008.
- ↑ M. Barreiro & Pérez Pena 2013, p. 140.
- ↑ "A nova etapa Gznacion". Galicia Confidencial. 16 de setembro de 2009.
- ↑ M. Barreiro & Pérez Pena 2013, p. 63.
- ↑ "Gznación.com apágase". Galicia Confidencial. 10 de xuño de 2010.
- ↑ M. Barreiro & Pérez Pena 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- M. Barreiro, Manuel; Pérez Pena, Marcos (2013). A crise dos medios en galego: informe (PDF). Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.