Saltar ao contido

Gaṅgeśa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGaṅgeśa गङ्गेश
Nome orixinalGaṅgeśa Upādhyāya (गङ्गेश उपाध्याय)
Biografía
NacementoSéculo XIV
Reino de Mithila
País de nacionalidadeIndia
Actividade
OcupaciónFilósofo, lóxico, matemático
MovementoNavya-nyāya
LinguaSánscrito
Obra
Obras destacables
Tattvachintāmaṇi

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Gaṅgeśa (sánscrito: गङ्गेश उपाध्याय; IAST: Gaṅgeśa Upādhyāya), nado durante o século XIV no reino de Mithila, foi un filósofo, lóxico e matemático indio, fundador da escola da navya-nyāya ("nova lóxica").[1] O seu libro Tattvachintāmaṇi ("A xoia do pensamento sobre a natureza das cousas"), tamén coñecido como Pramāṇacintāmaṇi ("A xoia do pensamento sobre os medios válidos de coñecemento"), é o texto fundamental de toda a lóxica india posterior.[2]

Biografía

[editar | editar a fonte]

Gaṅgeśa naceu na aldea de Karion, á beira do río Kamala, varios quilómetros ao sueste de Darbhanga, nunha familia de brahmanas. Segundo a tradición, foi analfabeto durante toda a súa infancia, pero logo foi bendicido cos seus coñecementos de lóxica pola deusa Kali.[3]

Tattvacintāmaṇi

[editar | editar a fonte]

O texto fundamental do navya-nyāya está dividido en catro libros ou khaṇḍas: o Pratyakṣakhaṇḍa ("Sobre a percepción"), o Anumānakhaṇḍa ("Sobre a inferencia"), o Upamānakhaṇḍa ("Sobre a comparación") e mais o Śabdakhaṇḍa ("Sobre o testemuño verbal").[1] O primeiro deles comeza cunha saudación á deusa Shiva.[3] A obra é unha exposición sistemática dos seus coñecementos sobre epistemoloxía, lóxica e filosofía da linguaxe. Tamén aborda outros temas, como a demostración da existencia de deus.[4]

Gaṅgeśa refírese ás súas ensinanzas como navya-nyāya ou "nova lóxica". Porén, este termo non implica unha orixinalidade de contidos, senón da metodoloxía aplicada. Así, a súa principal diferencia co nyāya tradicional é reorganizar os temas da lóxica en catro padārtha ou categorías, no canto de dezaseis, e aceptar os presupostos da escola Vaiśeṣika.[2] Ademais, é máis preciso e coidadoso na definición dos termos.[4]

  1. 1,0 1,1 Phillips, Stephen (2020). Zalta, Edward N., ed. Gaṅgeśa (Summer 2020 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University. 
  2. 2,0 2,1 Ganeri, Jonardon (2023). Zalta, Edward N.; Nodelman, Uri, eds. Analytic Philosophy in Early Modern India (Winter 2023 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University. 
  3. 3,0 3,1 Vidyabhusana, Satis Chandra (1920). A History of Indian Logic: Ancient, Mediaeval and Modern Schools (en inglés). Motilal Banarsidass. ISBN 9788120805651. 
  4. 4,0 4,1 Ingalls, Daniel Henry Holmes (1951). Materials for the Study of Navya-nyāya Logic (en inglés). Motilal Banarsidass. ISBN 9788120803848. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ganeri, J. (2023). Analytic Philosophy in Early Modern India. The Stanford Encyclopedia of Philosophy.
  • Ingalls, D.H.H. (1951). Materials for the Study of Navya-nyāya Logic. Motilal Banarsidass. ISBN 9788120803848
  • Phillips, S. (2020). Gaṅgeśa. The Stanford Encyclopedia of Philosophy.
  • Vidyabhusana, S.C. (1920). A History of Indian Logic: Ancient, Mediaeval and Modern Schools. Motilal Banasidass. ISBN 9788120805651

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]