Saltar ao contido

Gabriel Ricardo España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGabriel Ricardo España

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Mortefebreiro de 1934 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor en Wikidata
Deputado das Cortes
29 de abril de 1898 – 16 de marzo de 1899
Circunscrición electoral: Matanzas (pt) Traducir
Gobernador civil da provincia de Ourense
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, xornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRevista Política y Parlamentaria (pt) Traducir
La Ilustración Española y Americana
La Ilustración Artística (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnsayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:España (Gabriel Ricardo), p.118) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1260930

Gabriel Ricardo España y Amenábar, finado en Madrid en febreiro de 1934, foi un xornalista, escritor e político español, deputado a Cortes na Restauración.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1886 fundou e dirixiu na Habana a publicación El Eco Infantil.[1] De regreso en Madrid, entre 1894 e 1897 dirixiu a Revista Política-Ibero-Americana.[1] Autor de numerosas obras de dereito e administración,[1] en 1894 publicou o Tratado de Derecho Administrativo Colonial[2] e traduciu ao castelán e anotou a obra Gli Anarchici de Cesare Lombroso, canda a Julio Campo.[3] Tamén dirixiu a Revista Política y Parlamentaria (1899) e foi fundador e propietario de Alma Española (1903).[4] Ao longo da súa vida participou como colaborador en La Ilustración Española y Americana e La Ilustración Artística.[1]

En 1916 foi fundador de Turismo-Hispanoamericano.[5] Foi un dos promotores do primeiro congreso cinematográfico que tivo lugar en España, celebrado en Madrid en 1928, nun contexto de achegamento entre o cinema español e hispanoamericano.[6][7][8]

Como político foi elixido deputado a Cortes polo distrito cubano de Matanzas nas eleccións xerais de 1898[9] e foi nomeado gobernador civil da provincia de Ourense en agosto de 1901.[10]

Foi soterrado no cemiterio de La Almudena.[11]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Ossorio y Bernard 1903, p. 118.
  2. "Tratado de Derecho Administrativo Colonial, por Gabriel Ricardo España y con un epílogo del Exento. Sr. D. Antonio Maura y Montaner. — 1894.". Revista de España (Madrid). ano XXVIII (tomo CL): 124-125. xaneiro e febreiro de 1895. ISSN 0214-7718. 
  3. "Los Anarquistas por César Lombroso. — Traducción y notas de Gabriel Ricardo España y Julio Campo. — 1894.". Revista de España (Madrid). año XXVIII (tomo CL): 123-124. xaneiro e febreiro de 1895. ISSN 0214-7718. 
  4. Rodríguez Moranta 2013, p. 205.
  5. "Turismo Hispano-Americano". ABC. 2 de decembro de 1914. 
  6. García Carrión 2016.
  7. Diez Puertas 2003, p. 63.
  8. Fernández Colorado 2001, p. 228.
  9. Varela Ortega 2001, p. 771.
  10. "Combinación de gobernadores". La Vanguardia (Barcelona) (6743): 6. 9 de agosto de 1901. 
  11. "Sección necrológica". La Nación (Madrid) (2.543): 14. 15 de febreiro de 1934. ISSN 1132-046X. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]