Gabriele Seyfert
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de novembro de 1948 ![]() Chemnitz ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña República Democrática Alemá ![]() |
Actividade | |
Ocupación | patinadora artística sobre xeo , tradutora ![]() |
Partido político | Partido Socialista Unificado de Alemaña ![]() |
Alumnos | Anett Pötzsch ![]() |
Lingua | Lingua alemá ![]() |
Nacionalidade deportiva | República Democrática Alemá ![]() |
Deporte | patinaxe artística sobre xeo ![]() |
Disciplina deportiva | ladies' singles (en) ![]() ![]() |
Participou en | |
febreiro de 1968 | patinação artística nos Jogos Olímpicos de Inverno de 1968 - Individual feminino (pt) ![]() |
1964 | patinação artística nos Jogos Olímpicos de Inverno de 1964 - Individual feminino (pt) ![]() ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Eberhard Rüger (1972–1975) |
Nai | Jutta Müller ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b4/Bundesarchiv_Bild_183-G0111-0012-001%2C_Gabriele_Seyfert.jpg/220px-Bundesarchiv_Bild_183-G0111-0012-001%2C_Gabriele_Seyfert.jpg)
Gabriele ("Gaby") Seyfert, nada o 23 de novembro de 1948 en Chemnitz, é unha patinadora artística alemá retirada. Gañou o campionato mundial dúas veces (1969 e 1970) e a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de 1968.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Seyfert pertencía ao club SC Karl-Marx-Stadt e representaba á RDA e a súa nai Jutta Müller era a súa adestradora. Foi durante longo tempo rival de Peggy Fleming, pero non foi quen de derrotala.
En 1966 votárona como a mellor atleta do ano da Alemaña Oriental logo de levar dúas medallas de prata, nos campionatos europeos e nos mundiais e en 1968 converteuse na primeira muller en obter un triplo bucle limpo. Retirouse en 1970 e aínda que recibiu ofertas de Holiday on Ice para competir profesionalmente as autoridades da Alemaña do Leste non llo permitiron. A comezos da década de 1970 traballou durante un curto período como adestradora con Anett Pötzsch[1] e logo estudou linguas na universidade, traballando como intérprete profesional. Entre 1985 e 1991 dirixiu o balé sobre xeo no Friedrichstadtpalast en Berlín Oriental, patinando ocasionalmente.
Resultos[editar | editar a fonte]
Evento | 1961 | 1962 | 1963 | 1964 | 1965 | 1966 | 1967 | 1968 | 1969 | 1970 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogos Olímpicos | 19 | 2º | ||||||||
Mundiais | 21 | 5º | 2º | 2º | 2º | 1º | 1º | |||
Europeos | 21 | 12º | 10º | 5º | 2º | 1º | 2º | 1º | 1º | |
Campionatos de Alemaña Oriental | 1º | 1º | 1º | 1º | 1º | 1º | 1º | 1º | 1º | 1º |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Klaus-Reinhold Kany (2011-06-05). Anett Pötzsch: Germany’s First Golden Girl Arquivado 12 de setembro de 2011 en Wayback Machine.. Ifsmagazine.com. Consultado o 10 de agosto de 2012.
- Nados en 1948
- Medallistas olímpicos en patinaxe artística
- Medallistas olímpicos de prata pola República Democrática Alemá
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1968
- Patinadores artísticos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1964
- Patinadores artísticos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1968
- Patinadores artísticos olímpicos do Equipo Alemán Unificado
- Patinadores artísticos olímpicos de Alemaña Oriental