Gabrielle-Suzanne Barbot de Villeneuve
Nome orixinal | (fr) Gabrielle-Suzanne de Villeneuve |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fr) Gabrielle-Suzanne Barbot 28 de novembro de 1685 La Rochelle, Francia |
Morte | 29 de decembro de 1755 (70 anos) París, Francia |
Actividade | |
Ocupación | escritora, novelista |
Influencias | |
Pseudónimo literario | Madame D. V. Madame de V*** |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Parentes | Amos Barbot de Buzay |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron A Biographical Dictionary of the Celebrated Women of Every Age and Country |
Gabrielle-Suzanne Barbot de Villeneuve, nada o 28 de novembro de 1685 en La Rochelle e finada o 29 de decembro de 1755 en París, foi unha escritora francesa. Tivo influencias de Madame d'Aulnoy, Charles Perrault e o preciosismo. É especialmente coñecida a súa obra La Belle et La Bête, a variante máis antiga coñecida do conto de fadas A Bela e a Besta.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pertencía a unha poderosa familia protestante de La Rochelle. Era descendente do notábel Amos Barbot, par de Francia e deputado dos Estados Xerais en 1614. O seu irmán, Jean Amos, converteuse en alcalde de La Rochelle en 1610. Outro parente seu, Jean Barbot (1655-1712), un dos primeiros exploradores da África occidental e o Caribe, traballou como axente en barcos de escravos. Publicou os seus diarios de viaxes en francés e inglés cando emigrou a Inglaterra para escapar da persecución ao protestantismo, despois de Lois XIV revogar o Edicto de Nantes en 1685, que amparaba a liberdade de pensamento e culto.
En 1706 Gabrielle-Suzanne casou con Jean-Baptiste Gaalon de Villeneuve, membro dunha familia aristocrática de Poitou. Aos seis meses de casaren, solicitou a separación dos bens do seu esposo, quen xa malgastara gran parte da súa herdanza familiar conxunta. Do matrimonio naceu unha filla, mais non hai rexistros que indiquen se sobreviviu.
En 1711, con 26 anos, Gabrielle-Suzanne enviuvou. Foi perdendo a fortuna da súa familia e viuse na obriga de buscar un medio de traballo. Dirixiuse a París, onde coñeceu a Prosper Jolyot de Crébillon, Crébillon Père, o dramaturgo máis famoso da época. É probábel que comezasen a convivir a principios da década de 1730, malia que a data documentada máis temperá é 1748. Permaneceu con el até a súa morte en 1755. Gabrielle-Suzanne, quen o axudou no seu labor como censor literario real, foi coñecendo así os gustos literarios do público parisiense.
Principais traballos
[editar | editar a fonte]Coleccións de contos de fadas
[editar | editar a fonte]- La Jeune Américaine ou les Contes marins (1740)
- Les Belles Solitaires (1745)
Novelas
[editar | editar a fonte]- Le Phénix conjugal (1734)
- Le Beau-frère supposé (1752)
- La Jardinière de Vincennes (1753)
- Le juge prévenu (1754)
- Mémoires de Mesdemoiselles de Marsange (1757)
La Jardinière de Vincennes foi considerada a súa obra mestra. La Bibliographie du genere romanesque français 1751-1800 enumera 15 edicións da novela.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Francia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Traballos por ou aproximadamente Gabrielle-Suzanne Barbot de Villeneuve en Arquivo de Internet
- Traballos por Gabrielle-Suzanne Barbot de Villeneuve en LibriVox (dominio público audiobooks)