Gaivota de Franklin
Gaivota de Franklin | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar da gaivota de Franklin | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Leucophaeus pipixcan (Wagler, 1831, México) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Larus pipixcan |
A gaivota de Franklin[2][3] (Leucophaeus pipixcan) é unha ave pertencente á familia dos láridos.
Características
[editar | editar a fonte]Os individuos desta especie tardan dous anos en acadar a plumaxe de adultos.[4] Ten tamaño semellante á gaivota chorona[4]. É moi semellante á gaivota chorona americana, mais a gaivota de Franklin é máis pequena, coa forma corporal máis compacta e o peteiro máis pequeno e máis avermellado[4]. Nos adultos e en voo, a gaivota de franklin presenta as ás e a cola cun gris máis claro. Ademais, presenta unha pequena franxa branca que separa a punta das ás negras do resto, de ton agrisado[4].
Distribución
[editar | editar a fonte]Cría nas marismas da Norteamérica occidental[5]. Dende os grandes lagos ata a costa do pacífico. Migra polo centro dos Estados Unidos e o norte de México ata a costa pacífica de Suramérica.[5] Inverna entre Panamá e o sur de Chile. É a divagante máis rara en Europa, sobre todo atópase nas Illas Británicas.[5] As citas da Península Ibérica redúcesen a algún avistamento puntual e en anos concretos.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Larus pipixcan". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ Xosé M. Pernas Patiño, Carlos Pedreira López, Calros Silvar (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. p. 238.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 15 de xullo de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Svensson, Lars (2010). Ediciones Omega, ed. Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 978-84-282-1533-6.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Paterson, Andrew M (1997). Lyns edicions, ed. Las aves marinas de España y Portugal. ISBN 84-87334-21-0.
Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |