Galego (filme de 1988)
Galego | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Gallego |
Director | Manuel Octavio Gómez |
Produtor | Sancho Gracia, Pepe Valdés, Camilo Vives |
Guión | Miguel Barnet, Mario Camus, Manuel Octavio Gómez, Eduardo Calvo |
Baseado en | Gallego de Miguel Barnet |
Intérpretes | Sancho Gracia, Jorge Sanz, Manuel Galiana, Linda Mirabal, Alberto Pedro, Francisco Rabal, Antonio Ferrandis, Fiorella Faltoyano, Leticia Herrera, Rosalía Dans, César Diéguez, Álvaro de Luna |
Música | Pablo Milanés |
Fotografía | Porfirio Enríquez |
Estrea | 25 de febreiro de 1988 |
Duración | 116 minutos |
Orixe | Galicia Cuba |
Xénero | drama |
Orzamento | 130 000 000 de pesetas[1] |
Na rede | |
Galego (en castelán: Gallego) é un filme de produción galego-cubana de 1988, dirixido por Manuel Octavio Gómez.
Está baseada na novela Gallego, do escritor cubano Miguel Barnet, e narra a vida dun emigrante galego, Manuel (Sancho Gracia), na Habana, dende a década de 1910 ata a Revolución Cubana.[2]
Argumento
[editar | editar a fonte]Manuel, un mozo dunha aldea galega, decide emigrar a Cuba buscando un mellor porvir. Na viaxe en barco coñece a José Gundín, outro emigrante galego co que trabará unha amizade para toda a vida. Na Habana traballarán en diversos oficios sen demasiada fortuna e vivirán os acontecementos sociais e políticos da illa.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Sancho Gracia como Manuel Ruiz.
- Jorge Sanz como Manuel Ruiz (mozo).
- Manuel Galiana como José Gundín.
- Linda Mirabal
- Alberto Pedro como Conrado.
- Francisco Rabal como Fabián.
- Antonio Ferrandis como o avó.
- Fiorella Faltoyano como Josefa.
- Leticia Herrera
- Rosalía Dans
- César Diéguez
- Lorenzo Castillo
- Cristina Juan
- Hilda Oates
- Ramón Zamorano
- Margarita Calahorra
- Manuel Zarzo
- Álvaro de Luna como Aniceto.
Produción
[editar | editar a fonte]Baseouse na novela Gallego, do escritor cubano Miguel Barnet. Foi rodada en diversas localizacións da provincia de Pontevedra como Mondariz e Ponteareas, así como en Madrid e A Habana, cidade na que transcorre a maior parte do filme. O filme, financiado na súa maior parte polo ICAIC cubano, custou uns 130 millóns de pesetas, 50 dos cales foron achegados pola Televisión de Galicia.[3]
O seu director, o cubano de orixe galega, Manuel Octavio Gómez, faleceu un mes antes da estrea do filme. A estrea mundial realizouse en Santiago de Compostela o 25 de febreiro de 1988, coas presenzas do presidente da Xunta, Fernando González Laxe e do ministro de Cultura de Cuba Armando Hart.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "«Gallego», la crónica épica y cinematográfica de la emigración a Iberoamérica, en claves cubanas". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 25 de febreiro de 1988. p. 72.
- ↑ "Miguel Bamet, un solitario enamorado de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de febreiro de 1988.
- ↑ "«Gallego», la crónica épica y cinematográfica de la emigración a Iberoamérica, en claves cubanas". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 25 de febreiro de 1988. p. 72.
- ↑ "El presidente de la Xunta asistió al estreno de la película «Gallego»". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de febreiro de 1988. p. 73.