Galegos na Vuelta a España
Os ciclistas galegos na Vuelta a España son aqueles que teñen participado nalgunha das 77 edicións disputadas entre 1935 e 2022. Entre eles salientan tres corredores que foron gañadores da proba: Delio Rodríguez en 1945, Emilio Rodríguez en 1950 e Álvaro Pino en 1986.
Delio Rodríguez Barros
[editar | editar a fonte]Delio Rodríguez Barros (1916-1994) competiu en 6 edicións da Vuelta a España. Trátase do ciclista cun maior número de vitorias de etapa na historia da proba con 39, liderou a carreira un total de 32 días e foi o gañador absoluto na edición de 1945, na que rematou con media hora de vantaxe sobre o segundo clasificado, Julián Berrendero. En 1947 lideraba a carreira logo de 11 tiradas pero foi sancionado con 10 minutos e rematou terceiro. En 1945 e 1947 tamén gañou a clasificación por puntos.
Ciclista | 1936 | 1937 | 1938 | 1939 | 1940 | 1941 | 1942 | 1943 | 1944 | 1945 | 1946 | 1947 | 1948 | 1949 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Delio Rodríguez Barros[1] | 24º | x | x | x | x | 4º | 7º | x | x | 1º | 5º | 3º | - | x |
Lenda: "x" Non houbo carreira. Lenda: "-" Non participou.
- Vitorias de etapa: 39
- Etapas líder: 32
Emilio Rodríguez Barros
[editar | editar a fonte]Emilio Rodríguez Barros (1923-1984) competiu en 7 edicións da Vuelta a España. Na edición de 1948 acadou unha vitoria de etapa e rematou na segunda posición da clasificación xeral a nove minutos do gañador, Bernardo Ruiz. En 1950 acadou 5 vitorias de etapa e gañou a carreira cunha vantaxe de 15 minutos sobre o segundo clasificado, seu irmán Manuel Rodríguez. Ademais de gañar unha Vuelta a España e acadar 6 vitorias de etapa, conquistou a clasificación da montaña en 1946, 1947 e 1950. A carreira non se celebrou nos anos 1949, 1951, 1952, 1953 e 1954, coincidindo coa mellor época do ciclista.
Ciclista | 1946 | 1947 | 1948 | 1949 | 1950 | 1951 | 1952 | 1953 | 1954 | 1955 | 1956 | 1957 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Emilio Rodríguez Barros[2] | 8º | 4º | 2º | x | 1º | x | x | x | x | 24º | 11º | 43º |
Lenda: "x" Non houbo carreira.
- Vitorias de etapa: 6
- Etapas líder: 21
Álvaro Pino Couñago
[editar | editar a fonte]Álvaro Pino Couñago (1956-...) competiu en 9 edicións da Vuelta a España, rematando 6 veces entre os 10 primeiros e acadando a vitoria final na edición do ano 1986 por diante de Robert Millar e Sean Kelly. Gañou 5 etapas, nos anos 1981, 1986, 1988 e 1989, a derradeira delas nos Lagos de Covadonga, e conquistou o gran premio da montaña na edición de 1988.
Ciclista | 1981 | 1982 | 1983 | 1984 | 1985 | 1986 | 1987 | 1988 | 1989 | 1990 | 1991 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Álvaro Pino Couñago[3] | 22º | 10º | 4º | Ab. | 8º | 1º | - | 8º | 5º | Ab. | - |
Lenda: "-" Non participou.
Lenda: "Ab." Abandonou.
- Vitorias de etapa: 5
- Etapas líder: 13
Vicente López Carril
[editar | editar a fonte]Vicente López Carril (1942-1980) competiu en 8 edicións da Vuelta a España, acadando un 5º posto na edición de 1976 como mellor resultado, acadando ese ano unha vitoria na etapa 15 que rematou en Cangas de Onís.
Ciclista | 1967 | 1968 | 1969 | 1970 | 1971 | 1972 | 1973 | 1974 | 1975 | 1976 | 1977 | 1978 | 1979 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vicente López Carril[4] | 14º | 34º | 26º | 17º | - | 12º | 17º | - | - | 5º | - | 10º | - |
Lenda: "-" Non participou.
- Vitorias de etapa: 1
- Etapas líder: 0