Galicia Libre (Buenos Aires)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Galicia Libre.
Galicia Libre | |
---|---|
Fundación | 18 de xuño de 1937 |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Localidade | Buenos Aires |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal, Diccionario da literatura galega e Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
[ editar datos en Wikidata ] |
Galicia Libre foi unha publicación semanal editada en Buenos Aires en 1937.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Semanario popular informativo, apareceu o 18 de xuño de 1937. Iniciativa de Luís Seoane e Xosé Núñez Búa, estana dirixida por Luís Seoane. Entre os seus colaboradores figuraron Gildo Santos, Rafael Dieste, Moncloa e Jesús Carracedo. Pretendía apoiar ao bando republicano na Guerra civil española e denunciar os crimes do bando franquista. Incluía debuxos e colaboracións literarias sobre a represión franquista. Tamén publicou un artigo de Castelao no que se facía un chamamento ás sociedades galegas para que apoiasen a causa republicana. Saíu durante algúns meses.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Galicia Libre". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Galicia Libre". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. p. 151. ISBN 84-87172-30-X.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 231–232. ISBN 84-8288-137-X.