Galicia Nueva (1931)
Galicia Nueva | |
---|---|
Fundación | 1931 |
Localidade | Montevideo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Galicia Nueva foi un semanario editado en Montevideo en 1931.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Subtitulado Semanario Popular de la Colectividad Gallega en el Uruguay, apareceu o 11 de xaneiro de 1931. Fundado por José Silva Barros e A. San Román, Eduardo García del Río era o xefe de redacción. Entre os colaboradores figuraron Ramón Otero Pedrayo, Salvador Cabeza de León, Vicente Risco, Valentín Paz-Andrade, Alejandro Rodríguez Cadarso, Castelao, Victoriano Taibo, Ramón Cabanillas, Roberto Blanco Torres, Camilo Díaz Baliño, Ramón e Antón Villar Ponte, Salvador García-Bodaño, Basilio Álvarez, Víctor Casas, Ánxel Casal, Xaime Quintanilla, Imeldo Corral, Ricardo Carballo Calero, Antón Fraguas e Xosé Filgueira Valverde. Tiña as seccións fixas Comento semanal, Literatura hispanoamericana, Sociales, Teatro e Información de Galicia. Facíase eco dos acontecementos e dos proxectos de Galicia, como o funcionamento do Seminario de Estudos Galegos ou a evolución do Estatuto de autonomía. Cesou a súa publicación o 30 de agosto de 1931.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Galicia Nueva". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Galicia Nueva". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. pp. 249–250. ISBN 84-87172-30-X.