Galiciencia
Galiciencia | |
---|---|
Tipo | feira de mostras |
Data de fundación | 2007 |
País | Galicia |
Na rede | |
https://galiciencia.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |

Galiciencia é unha feira anual sobre ciencia orientada para o estudantado galego. Naceu en 2007, e conta co padroado da Dirección Xeral de I+D+I da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.[1] Nun principio celebrouse en Ourense, en desde 2010 celébrase en San Cibrao das Viñas, nas instalacións de Tecnópole.
Características
[editar | editar a fonte]O obxectivo principal desta iniciativa é servir de punto de encontro para estudantes da ESO e Bacharelato (a partir de 2015, tamén primaria) con ideas innovadoras, para amosarllas ó público nos cubículos que o Parque Tecnolóxico de Galicia pon á súa disposición tres días na época da Semana da Ciencia.[1]
Ademais de facilitar o desprazamento e estancia dos estudantes en Ourense e montar a infrastrutura da feira, hai actividades paralelas para público e expositores.[1]
Edicións
[editar | editar a fonte]
En 2006 celebrouse baixo o nome de Expociencia. Asistiron como visitantes 1000 persoas, incluíndo 15 centros escolares. A exposición foi complementada co 'planetario burbulla', un 'obradoiro de maxia química e CSI, a exposición 'a Través da Enerxía' e a xornada de formación que incluíu a mesa redonda intitulada 'É posible investigar na ESO?'. Completouse cunha xornada de portas abertas o sábado 18 de novembro e sesións de cine relacionado coa tecnoloxía.
A edición 2007 xa tivo o nome de Galiciencia. No auditorio de Ourense participaron 2000 persoas e 85 estudantes presentaron un total de 31 proxectos innovadores ós visitantes desta feira. No ano 2007 ganaron como 2º e 1º premio dous colexios de Galicia, o colexio de San Mamede e o Guillerme Brown, cun traballo sobre a alimentación da curuxa e un sistema contra incendios.[2][3]
A edición de 2008 tivo lugar o 18 e 20 de novembro no Auditorio de Ourense.
A terceira edición como Galiciencia, celebrada en 2009, incluíu 34 proxectos (18 orixinados en Galicia e 16 de Barcelona). Houbo 2700 visitas, 2150 de escolares de toda Galicia que se achegaron ó Auditorio de Ourense en grupos organizados e máis de 600 visitantes libres.[4][5]
En 2015 celebrouse a décima edición, do 18 ó 20 de novembro. Incorporouse unha sección de proxectos de primaria, que só son expostos durante unha mañá: 10 o mércores 18, 10 o xoves 19 e 2 o venres 20. As actividades incluíron talleres sobre a luz a diversos niveis, incluíndo a luz láser, e exposicións: Galiciencia, 10º aniversario e Un universo de luz.
A XI edición tivo lugar os días 16,17 e 18 de novembro de 2016.
A de 2017 foi a última edición celebrada en novembro. A temática elixida foi a astronomía.
A edición de 2018 tivo lugar entre o 9 e o 11 de maio. A temática elixida foi o cambio climático. Participaron 50 proxectos de secundaria e 27 de primaria. É a primeira edición na que a mostra non se fai en novembro. Ganou o primeiro premio o Proxecto Rebinxe[6].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "'Galiciencia 2009' se abre a los proyectos innovadores de estudiantes de toda España" (en castelán). 16 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2010. Consultado o 13 de decembro de 2009.
- ↑ "La Tecnópole espera alcanzar los 2.500 participantes en la segunda edición de Galiciencia". 28 de outubro de 2009. Consultado o 31 de xaneiro de 2010.
- ↑ Torres, Patricia (2 de decembro de 2007). "Dos proyectos ourensanos consiguen los primeros premios en "Galiciencia"". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 18 de xuño de 2019.
- ↑ ""¡TIC TAC!Talentos de la innovación y la creatividad ¡Todos a competir!"". Consultado o 19 de febreiro de 2010.[Ligazón morta]
- ↑ ""Las energías limpias arrasan en el concurso de proyectos de Galiciencia"". Consultado o 19 de febreiro de 2010.
- ↑ "Un proxecto sobre o coidado da biodiversidade no rural gaña Galiciencia 2018". Gciencia. Consultado o 13/05/2018.