Galipizza
Galipizza | |
---|---|
Entrada do local de Galipizza en Culleredo. | |
Tipo | Sociedade Limitada |
Fundación | 1993 |
Matriz | Grupo Pizzbur Playa S.L. |
Localización | Viveiro Galicia |
Fundador | José Manuel Vázquez Cerdeiras Margarita Galdo |
Industria | Alimentaria |
Na rede | |
https://galipizza.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Galipizza é unha empresa galega de comida rápida, especializada en pizzas. O primeiro local da cadea inaugurouse en Covas (Viveiro) no ano 1993 e conta actualmente con cinco establecementos distribuídos por Galicia.
Historia
[editar | editar a fonte]Galipizza Viveiro foi o primeiro establecemento en ser inaugurado do grupo Pizzbur Playa S.L., a carón do paseo marítimo de Covas no 1993. Tres anos despois, coa idea de estenderse, xorde Galipizza Ribadeo, ó ser Ribadeo unha vila onde son importantes as actividades relacionadas co lecer, co comercio e co turismo.
No ano 2013 Galipizza abriu un novo establecemento en Culleredo, lugar considerado estratéxico pola empresa para continuar coa súa expansión, denominado GaliPizza&Cía. A decoración deste local é totalmente diferente a dos anteriores, rememorando antigos personaxes da historia de Galicia e mitos internacionais.
No 2014 abriu o cuarto local en Santiago de Compostela. A súa decoración, con alusión ós antigos teatros, é tamén diferente[1].
Especialidade
[editar | editar a fonte]O grupo da Mariña lucense ten un obradoiro propio en Viveiro onde se prepara a diario a masa das pizzas, distribuíndose a produción a tódolos establecementos. A súa aposta pola gastronomía galega, incorporando produtos locais, e a elaboración de pizzas con polbo ou lacón con grelos fusiona a comida rápida coa comida e os sabores máis tradicionais[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Donde la galipizza se cocina con pulpo o lacón con grelos, en La Voz de Galicia, comprobado o 6-4-2015 (en castelán).