Gallotia galloti
Gallotia galloti | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Gallotia galloti ♂ (detrás) e ♀ (diante) | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Gallotia galloti (Oudart, 1839) | |||||||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||||||
Lacerta galloti Oudart, 1839 | |||||||||||||||||||||||||
![]() Área de distribución de Gallotia galloti
| |||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||
|
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/46/Gallotia_galloti_palmae_pair_mating.jpg/180px-Gallotia_galloti_palmae_pair_mating.jpg)
Gallotia galloti é unha especie de réptil da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos e subfamilia dos galotiinos, que é o tipo do xénero Gallotia.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1839 polo naturalista e ilustrador francés Paul-Louis Oudart, baixo o nome de Lacerta galloti.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Tanto o nome do xénero como o específico son uns homenxes ao naturalista afeccionado francés D. Gallot, residente nas illas Canarias e que mandou en 1839 espécimes de lacértidos ao Museo Nacional de Historia Natural de Francia, en París, onde traballaba Oudart.[2]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse, entre outros, polos sinónimos:[3]
- Lacerta galloti Oudart, 1839 (protónimo)
- Lacerta galloti galloti Mertens, 1934
- Gallotia galloti galloti Bischoff, 1985
- Gallotia galloti eisentrauti Bischoff, 1982
- Gallotia galloti insulanagae Martin, 1985
- Gallotia galloti insulanagaei Bischoff, 1985
- Gallotia galloti palmae (Boetteger & Müller, 1914)
- Zootoca derbiana Gray, 1845
Subespecies
[editar | editar a fonte]Dentro da especie recoñécense as seguintes subespecies:[3]
- Gallotia galloti galloti (Oudart, 1839) — propia do centro e o sur de Tenerife.
- Gallotia galloti eisentrauti Bischoff, 1982 — no norte de Tenerife.
- Gallotia galloti insulanagae Martin, 1985 — no macizo de Anaga (Tenerife).
- Gallotia galloti palmae (Boetteger & Müller, 1914) — en La Palma.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Hábitat
[editar | editar a fonte]Gallotia galloti é común en varios hábitats abertos, rochosos e aebustivos. Asóciase comunmente en paredes de rochas en áreas cultivadas. É máis rara nas zonas boscosas, especialmente na laurisilva. Pódese encontrar até a alta montaña (até os 3 000 m de altura en Tenerife).[1]
Distribución
[editar | editar a fonte]É unha especie endémica das illas de Tenerife e La Palma, e foi introducida en Morro Jable, na península de Jandía (Fuerteventura).[1]
Catacterísticas
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/56/Gallotia_galloti_%2837681819172%29.jpg/250px-Gallotia_galloti_%2837681819172%29.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ef/Lagarto_tiz%C3%B3n_%28Gallotia_galloti%29%2C_Icod_de_los_Vinos%2C_Tenerife%2C_Espa%C3%B1a%2C_2012-12-13%2C_DD_10.jpg/250px-Lagarto_tiz%C3%B3n_%28Gallotia_galloti%29%2C_Icod_de_los_Vinos%2C_Tenerife%2C_Espa%C3%B1a%2C_2012-12-13%2C_DD_10.jpg)
Os machos chegan a alcanzar os 30 cm de longo. A longitud de cabeza e tronco, nos machos, alcanza 14,5 cm, e as femias, máis pequenas, só chegan aos 13,32 cm. O colar é liso con bandas escuras. A garganta, negra escura nos machos.[4]
Os machos presentan unha mancha azul na cara (sobre todo na subespecie do norte de Tenerife, G. g. eisentrauti (pero que non teñen os machos da subespecie do sur desta illa, G. g. galloti), que se intensifica na época de celo. As femias e os inmaturos teñen unha coloración máis críptica, existindo polo menos dous patróns diferentes: un con dúas liñas de cor marrón claro no dorso e outro con pequenas pencas, sen liñas diferenciadas. O iris é de cor amarela intensa.
Diferéncianse das outras especies de Gallotia, entre outras cousas, polo número de fileiras lonxitudinais na cara ventral do animal (de 12 a 14 nesta especie).
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Aliméntanse fundamentalmente de insectos e plantas.
A época de reprodución comeza en primavera (abril a xuño). O embrión permanece dentro da femia un mes e, despois da posta -en terra- as crías tardan dous meses máis en eclosionar, a finais de agosto-principios de setembro, cando empezan a poder detectarse.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 José Antonio Mateo Miras, Valentín Pérez-Mellado, Íñigo Martínez-Solano (2009): Gallotia galloti na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 20 de novembro de 2019.
- ↑ Bo Beolens, Michael Watkins & Michael Grayson (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. (Gallot, p. 97).
- ↑ 3,0 3,1 Gallotia galloti en The reptile Database.
- ↑ Carrascal, L. M. & Salvador, A. (ed.). "Lagarto tizón - Gallotia galloti (Oudart, 1839)". Madrid: Museo Nacional de Ciencias Naturales.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gallotia galloti ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Gallotia galloti |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bischoff, W. (1985): "Die Herpetofauna der Kanarischen Inseln. VI. Die Kanareneidechse Gallotia golloti (Oudart, 1839)". Herpetofauna 7 (39): 11-24.
- Thorpe, R. S. & Brown, P. R. (1989): "Microgeographic variation in the colour pattern of the lizard Gallotia galloti within the island of Tenerife: distribution, pattern and hypothesis testing". Biological Journal of the Linnean Society 38 (4): 303-322.