Saltar ao contido

Ganglio espiñal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sección da medula espiñal mostrando a raíz anterior e posterior e o ganglio espiñal.

En anatomía e neuroloxía, os ganglios da raíz dorsal ou espiñais son un grupo de nódulos situados nas raíces dorsais ou posteriormente dos nervios espiñais e onde se aloxan os corpos das neuronas da vía aferente do sistema nervioso periférico.

Anatomía

[editar | editar a fonte]

Os axóns das neuronas do ganglio da raíz dorsal coñécense como axóns aferentes, é dicir, transmiten impulsos nerviosos desde a periferia ao sistema nervioso central (SNC) e son xeralmente impulsos que transportan información sensorial. Estas neuronas aferentes son neuronas pseudounipolares, é dicir, posúen un único axón con dúas ramas, unha distal que trae información dun órgano sensorial, conectada coas dendritas, e outra proximal que actúa como un propio axón, transportando a información cara ó SNC.[1]

A diferenza da maioría das neuronas do SNC, un potencial de acción que se orixina do proceso distal dunha neurona espiñal pasa por alto o corpo celular e continúa propagándose ao longo do proceso proximal até chegar á sinapse do corno posterior da medula espiñal.

Porción distal

[editar | editar a fonte]

As neuronas do ganglio espiñal recollen información sensorial das partes distais do sistema nervioso central. Estes poden orixinarse a partir dunha terminación nerviosa, encapsulada ou non, como o corpúsculo de Meissner ou o corpúsculo de Pacini, que envían información a partir de estímulos como unha caricia ou unha vibración, respectivamente.[2]

  1. Universidad Autónoma de Guadalajara A.C. - Departamento de Neurociencias. (en español). Último acceso 1 de abril de 2008.
  2. Kandel ER, Schwartz JH, Jessell TM. Principles of Neural Science, 4th ed., p.431-433. McGraw-Hill, New York (2000). ISBN 0-8385-7701-6