Gantz: Perfect Answer
Gantz: Perfect Answer | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Gantz: Perfect Answer |
Director | Shinsuke Sato |
Guión | Yūsuke Watanabe |
Baseado en | Gantz de Hiroya Oku |
Intérpretes | Kazunari Ninomiya Kenichi Matsuyama Natsuna Watanabe |
Música | Kenji Kawai |
Fotografía | Taro Kawazu |
Montaxe | Tsuyoshi Imai |
Distribuidora | Toho |
Estrea | 23 de abril de 2011 |
Duración | 141 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Ciencia ficción, terror e acción[1] |
Filme anterior | Gantz |
Na rede | |
http://gantz-movie.com/perfect-answer | |
Gantz: Perfect Answer é un filme xaponés de ciencia ficción de 2011 dirixido por Shinsuke Sato. É a secuela do filme Gantz estreado en xaneiro dese mesmo ano, e ámbolos dous filme baséanse na obra de manga Gantz de Hiroya Oku. Está proagonizado por protagonizada por Kazunari Ninomiya no papel de Kei Kurono, Kenichi Matsuyama como Masaru Kato e Natsuna Watanabe como Kei Kishimoto.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Kei converteuse nun guerreiro para Gantz, que busca gañar 100 puntos. Kei pretende devolverlle a vida a Kato, que morreu no mundo de Gantz.[2] Traballa nun restaurante de comida rápida, mentres coida do irmán máis novo e orfo do seu amigo.[3] Entre misións, Kei vive a súa antiga vida e ten unha relación con Tae (Yuriko Yoshitaka), unha artista. Finalmente logra devolver a Masaru Kato á vida, mais Masaru volve como dúas persoas: unha boa e outra mala. Tamén hai unha investigadora, Shigeta (Takayuki Yamada), que intenta comprender a violencia relacionada con Gantz, e Eriko Ayukawa (Ayumi Ito), unha actriz que esperta cunha pequena bola de Gantz na súa cama.[2] Pronto, os alieníxenas comezan a tomar forma e atacan aos personaxes principais, mentres a bola de Gantz comeza a experimentar fallos.[4] A loita culmina nunha batalla a bordo dun metro con alieníxenas que cambian de forma.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ken'ichi Matsuyama como Masaru Kato
- Kazunari Ninomiya como Kei Kurono
- Yuriko Yoshitaka como Tae Kojima
- Takayuki Yamada como Masamitsu Shigeta
- Kanata Hongō como Joichiro Nishi
- Ayumi Itō como Eriko Ayukawa
- Tomorowo Taguchi como Yoshikazu Suzuki
- Natsuna Watanabe como Kei Kishimoto
- Masanobu Sakata como Shinichi Kobayashi
- Tomokazu Koshimura como Kouta Nakamura
- Yurie Midori como Mako Yamamoto
- Gō Ayano como home de negro #1
- Yasuyuki Hirano como home de negro #2
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lujano, Mona Rose. ""Gantz" a Japanese horror action landed on Hollywood". Entertainment Today. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 23 de xaneiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 "'Gantz: Perfect Answer' - The Japan Times". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2023. Consultado o 14 de xullo de 2023.
- ↑ "SDCC 2011: 'GANTZ: Perfect Answer' Review". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2018. Consultado o 14 de xullo de 2023.
- ↑ "DVD Review: Gantz + Gantz Perfect Answer - Starburst Magazine". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2017. Consultado o 14 de xullo de 2023.