Gao Ertai
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de outubro de 1935 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintor ![]() |
Empregador | Universidade de Nankai ![]() |
Gao Ertai (en chinés tradicional: 高爾泰; en chinés simplificado: 高尔泰; en pinyin: Gāo Ěrtài), nado en Gaochu (provincia de Jiangsu) o 15 de outubro de 1935, é un pintor, calígrafo, filósofo e escritor chinés. Tras as protestas de Tian'anmen, foi trasladado aos Estados Unidos como parte da chamada operación paxaro amarelo (en inglés: Operation Yellowbird). Na actualidade, reside en Las Vegas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1955, graduouse da Escola Normal de Jiangsu. Foi asignado como profesor de arte en Lanzhou, na provincia de Gansu. En febreiro de 1957, a causa da publicación do seu texto Lun mei ("Sobre a beleza") na revista pequinesa Xinjianshe, foi acusado de escritor de dereitas como parte da campaña antidereitista iniciada por Mao Zedong. Nese mesmo inverno, foi retirado do seu posto e enviado a un campo de reeducación. En 1962, foi liberado e trasladado á Academia de Investigación de Dunhuang, onde traballou como axudante de Chang Shuhong. En 1966, foi novamente obxecto de críticas debido á Revolución Cultural e encerrado nun campo de traballos forzados.[1]
En 1977 recibiu a súa rehabilitación política. Ao ano seguinte, foi transferido ao departamento de Filosofía da Universidade de Lanzhou, onde se encargou da especialidade de Estética. A finais de 1978, comezou a traballar no Instituto de Ciencias Sociais da China. En 1982, regresou á Universidade de Lanzhou.
En 1989, tras os incidentes de Tian'anmen, foi acusado de elaborar propaganda contrarevolucionaria, polo que entrou en prisión. En 1992, grazas á operación paxaro amarelo, saíu da República Popular a través de Chengdu. O 11 de xullo chegou a Hong Kong; ao ano seguinte, trasladouse aos Estados Unidos, onde aínda reside na actualidade.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Lun mei 论美 ("Sobre a beleza", 1982).
- Mei shi ziyou de xiangzheng 美是自由的象征 ("A beleza como símbolo de liberdade", 1986).
- Pinglun de pinglun 评论的评论 ("A crítica da crítica", 1988).
- Mei de kangzheng: Gao Ertai wenxuan zhi yi 美的抗争:高尔泰文选之一 ("A loita pola beleza: Escolma de textos de Gao Ertai 1", 1995).
- Mei de juexing: Gao Ertai wenxuan zhi er 美的觉醒:高尔泰文选之二 ("O espertar da beleza: Escolma de textos de Gao Ertai 2", 1997).
- Xunzhao jiayuan 寻找家园 ("Na procura do fogar", 2004).
- Chan hua chan hua 禅话禅画 ("Palabras e imaxes chan", 2011).
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Yu, Jie (2013). "不是寻找家园,而是寻找自由 ——读高尔泰《寻找家园》". rfa.org (en chinés). Arquivado dende o orixinal o 06/04/2019.