Garbancito de la Mancha
Garbancito de la Mancha | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Garbancito de la Mancha |
Director | Arturo Moreno, dirección artística: José María Carnicero |
Produtor | Ramón Balet e José María Blay |
Guión | E. Piera e M. Amat |
Baseado en | Garbancito de la Mancha, conto de Julián Pemartín |
Música | Jacinto Guerrero |
Estrea | 23 de novembro de 1945 (Barcelona) |
Duración | 98 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Animación |
Orzamento | 3.809.618 ptas. (1945)[1] |
Filme seguinte | Alegres vacaciones (1948) |
Lingua | Español |
Na rede | |
Garbancito de la Mancha é unha película de animación española dirixida por Arturo Moreno. Realizada no barrio de Vallcarca de Barcelona, estreouse en 1945 no cine Femina da cidade condal. É a primeira longametraxe de debuxos animados feita en España e a primeira en cor de Europa.[2] Trátase dunha adaptación do conto do mesmo título escrito por Julián Pemartín.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Garbancito de la Mancha conta a historia de Garbancito, un neno orfo que vive nunha aldea sometido continuamente por tres rapaces: Manazas, Pelanas e Pajarón. Un día, anúnciase a chegada do xigante Caramanca, que devora os nenos crus, e secuestra dous amigos de Garbancito: Kiriqui e Chirili.
Para rescatar os seus amigos, Garbancito contará coa axuda da súa cabrita Peregrina, dunha espada e do poder que lle concede a Fada Madriña. Con esta capacidade, Garbancito poderá converterse en garavanzo sempre que o desexe.
Fito dentro do cine europeo
[editar | editar a fonte]Garbancito é un fito do cine europeo, porque foi a primeira película de animación en cor rodada fóra dos Estados Unidos, a primeira longametraxe de debuxos animados español e a primeira europea que utilizou a técnica de animación con celuloide. Desta obra só se conservan copias de mala calidade e son.
O 20 de xullo de 2020 deuse a coñecer a compra por parte da Filmoteca Española dunha copia en nitrato da cinta en DufayChrome,[4] para realizar un proxecto de restauración co fin de recuperar a cor orixinal da película e a súa dixitalización para unha posterior exhibición.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nadal y Rovira, Nuria (2012). "De Garbancito de la Mancha a Los sueños de Tay-Pi. Una aproximación al cine de animación español producido por Balet y Blay" (PDF) (en española). Consultado o 3 de agosto de 2020.
Nun cartel promocional que apareceu na revista Primer Plano indicábase o custo total en 3.809.618 pesetas (PRIMER PLANO, 1945: 2)
- ↑ La Vanguardia Española, Barcelona, páx. 11, 23 de novembro de 1945
- ↑ "«Garbancito de la Mancha», 70 años del primer largo de animación hecho en España". Hoycinema (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2015. Consultado o 9 de decembro de 2015.
- ↑ Agencia EFE (20 de xullo de 2020). "La histórica animación "Garbancito de la Mancha", con sus colores originales" (en español). Consultado o 3 de agosto de 2020.
a primeira longametraxe de debuxos animados feito en España e o primeiro en cor de Europa, recuperará as súas colores orixinais grazas á Filmoteca Española, que adquiriu un nitrato no sistema de cor co que se rodou, o británico DufayChrome
- ↑ Marcos, Carlos (20 de xullo de 2020). "Encuentran a Garbancito en Nueva York". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 22 de xullo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bendazzi, Gianalberto. Cartoons. 100 años de cine de animación. Madrid: Ocho y medio, 2003
- Manzanera, Maria. Cine de animación en España – Largometrajes 1945 – 1985. Murcia: Universidade de Murcia, 1992
- Yebenes, Pilar. Cine de animación en España. Barcelona: Ariel, 2002
- Moscardó Guillén, José. El cine de animación en más de 100 largometrajes. Madrid: Alianza Editorial, 1997
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dossier prensa, exposición no Museu de Cinema de Girona dedicado a Garbancito de la Mancha e ao seu director (2015)
- Testimonial en vídeo dedicado á creación de Garbancito (2015) (en catalán)
- Texto e imaxes sobre a exposición dedicada a Garbancito (2015) (en catalán)
- NO-DO nº 50 B (Noticiario cinematográfico). España. 13 de decembro de 1943. Escena en 03:56. Consultado o 17 de marzo de 2018. Imaxes de distintas fases da realización de Garbancito de la Mancha (sen son).