Gary Schroen
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Gary Charles Schroen 6 de novembro de 1941 East St. Louis, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 1 de agosto de 2022 (80 anos) Alexandria, Estados Unidos de América |
Educación | Southern Illinois University Edwardsville (en) |
Actividade | |
Ocupación | oficial da CIA |
Empregador | Central Intelligence Agency |
Descrito pola fonte | Gary Schroen, Who Led the C.I.A. Into Afghanistan, Dies at 80 (en) |
Gary C. Schroen, nado o 6 de novembro de 1941 e finado o 1 de agosto de 2022,[1] foi un oficial da CIA que estivo a cargo da incursión inicial da CIA en Afganistán en setembro de 2001 para derrubar o réxime talibán e destruír Al Qaeda.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entrou na Axencia na década de 1970 e traballou como espía en Teherán. De 1978-1979 estivo destinado en Islamabad. Na década de 1980 foi xefe do grupo de axentes en Dubai [2], cidade cunha forte comunidade iraniana, era importante para se manter informado do que acontecía no réxime iraniano e Schroen falaba perfectamente persa. Entre 1988 e 1990 foi xefe dos axentes da CIA en Afganistán aínda que con base en Islamabad, polo peche da embaixada norteamericana. Entre 1990 e 1992 foi xefe de estación adxunto en Riad. De 1992 a 1994 traballou na sede central en Langley controlando as operacións iranianas e logo foi xefe das operacións iranianas en Europa (1994-1995) e como xefe da estación en Islamabad (1996-1999), participou na renovación das relacións con Ahmad Shah Massoud, no arresto de Mir Aimal Kasi e nos plans para capturar a Osama bin Laden en Afganistán[3]. De 1999 a 2001 foi xefe adxunto da división do Próximo Oriente na Dirección de Operacións. Tras os atentados do 11 de setembro de 2001 dirixiu un equipo da CIA en Afganistán, chamado Jawbreaker, nunha misión secreta [4] para contactar e apoiar aos líderes da Alianza do Norte na súa loita contra os Talibán. No seu libro First In: An Insider's Account of How the CIA Spearheaded the War on Terror in Afghanistan publicado en 2005, ilustra as súas experiencias afgás. En 2013 o grupo Al Shabaab informou da súa morte a consecuencia das feridas sufridas nun atentado o 12 de xullo en Mogadixo afirmando que el era o director de operacións da CIA para África Oriental, información que ningunha outra fonte puido verificar.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Statement by CIA Director William J. Burns on the passing of Gary Schroen" (en inglés). CIA. 1 de agosto de 2022.
- ↑ Jim Krane (2009) City of Gold: Dubai and the Dream of Capitalism. Mcmillan, páx. p.288
- ↑ Entrevista a Gary Schoren na PBS
- ↑ The Washington Post, 17 de novembro de 2002
- ↑ Gulf of Aden Security Review - July 24, 2013 Critical Threats Project