Saltar ao contido

Gasolineira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sinal de surtidor de lubricante, usado en España para sinalizar as estacións de servizo nas estradas.

Unha gasolineira,[1] ou estación de servizo, é un punto de venda de combustible e lubricantes para vehículos de motor. As estacións de servizo poden ofrecer outros servizos complementarios que van máis aló das propias necesidades dos vehículos. As estacións de servizo ofrecen tamén outros produtos, segundo países, tendas, pequenos supermercados, talleres mecánicos, lavado e lubricación de vehículos, entre moitos outros servizos.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.

  1. "gasolineira". academia.gal. Consultado o 2025.