Gaspar Becerra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1520 (Gregoriano) Baeza (Coroa de Castela) |
Morte | 23 de xaneiro de 1568 (Gregoriano) (47/48 anos) Madrid (Coroa de Castela) |
Actividade | |
Ocupación | pintor, escultor, arquitecto |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Encyclopædia Britannica The Encyclopedia Americana |
Gaspar Becerra, tamén chamado Gaspar de Becerra, nado en Baeza (Xaén) en 1520 e finado en Madrid en 1570, foi un pintor, escultor e arquitecto andaluz, un dos máis notábeis do século XVI.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De novo marchou a Roma, onde estudou a obra de Rafael e Miguelanxo, co que traballou, e colaborou tamén con Giorgio Vasari nos frescos das salas da Chancelaría, e máis cos pintores Il Bergamasco e Romulo Cincinnato. Becerra contribuíu así mesmo nos gravados anatómicos publicados por Juan Valverde de Amusco, Historia de la composición del cuerpo humano (Roma, 1556).
En 1556, volveu á península e estabeleceuse por un tempo en Zaragoza. Na década seguinte pasou a Madrid, onde foi acollido ao servizo do rei Filipe II, para quen traballou no Palacio do Pardo e mais no Pazo Real do Alcázar. En 1562 tiña a categoría de escultor real e, no ano seguinte, de pintor real.
Por esa época, Becerra trasladouse a Astorga onde realizou o retablo principal da catedral. En 1562, o andaluz contratou tamén os retablos das igrexas parroquiais de Casaio e Casoio, na comarca ourensán de Valdeorras, pertencentes á diocese de Astorga. Por motivos, seguramente de imposibilidade física para atender os numerosos encargos que lle xurdían, tales retablos foron rematados por artistas como Pedro de Bilbao, Pedro de Arbulo e outros. Porén, os retablos reflicten as trazas de Becerra para o retablo maior da sé astorgana, e forman parte dos mellores exemplos manieristas en Galiza.
Obra
[editar | editar a fonte]Pintura
[editar | editar a fonte]- Frescos, Palacio do Pardo, Madrid.
- Magdalena penitente, Museo do Prado, Madrid (atribuído).
Escultura
[editar | editar a fonte]- Retablo maior, catedral de Astorga.
- Retablo maior, igrexa de Santa María de Casaio.
- Cristo das Inxurias, catedral de Zamora.
- Retablo maior, igrexa do mosteiro das Descalzas Reais, Madrid (1565).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gaspar Becerra |