Gato bravo
Felis silvestris silvestris Gato bravo euroasiático, gato montés euroasiático | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gato montés europeo (Felis silvestris silvestris) | |||||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Distribución de Felis silvestris silvestris en Galicia
|
O gato bravo, ou gato montés,[1][2] Felis silvestris silvestris, é un mamífero placentario da orde dos carnívoros e familia dos félidos moi parecido ao gato doméstico. Recibe tamén os nomes de gato do monte,[3] e gato fero.[3][4]
Felis silvestris silvestris é unha das das seis subespecies que na actualidade se recoñecen dentro da especie Felis silvestris.[5]
A subespecie Felis silvestris silvestris é a que habita en case toda Europa; Felis silvestris cretensis está restrinxida á illa de Creta,[6] e Felis silvestris lybica é a propia de África.[7]
Descrición
[editar | editar a fonte]A subespecie foi descrita en 1775 polo médico, botánico e zoólogo alemán Johann Christian Daniel von Schreber, nun traballo publicado en Die Säugethiere.[8]
Características
[editar | editar a fonte]Como xa se mencionou, o gato bravo é moi semellante ao gato doméstico, as diferenzas máis características son: o gato bravo é meirande có gato común, máis rexo, cunha cola grosa e peluda. A cabeza é máis larga, as orellas son pequenas e os ollos de cor ámbar ou averdada. A pelaxe agrisada, algo parda, con raias escuras por todo o corpo menos no ventre, que é de cor branca pardusca, ás veces con manchas negras.
A lonxitude da cabeza e do corpo está entre os 50 cm e os 80, e o rabo mide sobre os 25 cm e os 35. O seu peso é de 5 a 10 kg.
O gato bravo ten unha media de vida entre os 6 e 12 anos.
Alimentación
[editar | editar a fonte]O gato bravo é un animal nocturno e solitario. Habita nos bosques e montes.
É un animal carnívoro, que se alimenta de roedores, paxaros, anfibios, réptiles e algúns insectos. Estímase que ten unhas necesidades alimenticias duns 500 gramos ao día.
Reprodución
[editar | editar a fonte]O gato bravo aparéase entre febreiro e marzo, é polígamo, polo que unha femia pode ser apareada por varios machos.
A xestación dura entre 63 e 69 días, e en abril ou maio comeza a época de parto, a femia dá a luz no interior do tobo a unha camada de entre 1 a 8 cachorros, aínda que o habitual é de 3 a 4. Os gatiños ao naceren non abren os ollos ata os 10-12 días, e son amamantados durante 4 semanas. Aos 3-4 meses independízanse, aínda que seguen cazando coa nai unha temporada. Aos 10 meses alcanzan a madureza sexual, podéndose reproducir na seguinte temporada de celo.
Ameazas
[editar | editar a fonte]En Europa o gato bravo está considerada unha especie en risco, unha das causas é que se está a mesturar co gato común.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ gato no Dicionario da RAG.
- ↑ Nomes vulgares galegos en Léxico de xeografía, Universidade de Santiago de Compostela, 1996; Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; e Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009
- ↑ 3,0 3,1 gato do monte, en Ledo Cabido, Bieito, director (2004): Dicionario de galego. Vigo: Ir Indo Edicións. ISBN 84-7680-504-7.
- ↑ VV.AA. (1995): Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo I. Peixes, anfibios, réptiles e mamíferos. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Sociedade Galega de Historia Natural. ISBN 84-8717-289-X.
- ↑ Driscoll, C. A. et al. (28 de xuño de 2007). "The Near Eastern Origin of Cat Domestication". Science 317 (5837): 519–523. PMID 17600185. doi:10.1126/science.1139518.
- ↑ Felis silvestris cretensis en MSW.
- ↑ Felis silvestris lybica en MSW.
- ↑ Schreber, J. C. D. (1778). "Die wilde Kaze" [O gato salvaxe]. Die Säugthiere in Abbildungen nach der Natur mit Beschreibungen (Dritter Theil). Erlangen: Expedition des Schreber'schen Säugthier- und des Esper'schen Schmetterlingswerkes. pp. 397–402.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gato bravo |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Gato bravo |