Félidos
Félidos Felidae Rango fósil: oligoceno - actualidade | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ocelote (Leopardo pardalis) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Distribución mundial dos félidos
En azul, distribución dos felinos. En verde, distribución dos panterinos. | |||||||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
A dos félidos (Felidae) é unha familia de mamíferos da orde dos carnívoros,[1] e suborde dos feliformes.
Características
[editar | editar a fonte]Carnívoros altamente especializados, os félidos caracterízanse polo seu corpo esvelto, coa cabeza curta e fociño moi curto, os ollos son grandes, e as orellas de tamaño mediano, ás veces rematadas nunha guedella de pelos; as patas son de medianas a longas. A cola é de curta a moi longa, segundo as especies, xeralmente cuberta de pelo curto, e ás veces cunha guedella terminal. A súa dentición está formada por un número reducido de dentes (de 28 a 30), estreitos, con bodos afiados, os cairos están sempre ben desenvolvidos, e os molares adaptados para esgazaren a carne. Co seu oído agudo e a súa excelente vista, son os mamíferos cazadores máis sixilosos, grazas á configuración dos seus pés que lles permiten, á excepción do guepardo e algunha especie máis, retraeren as súas unllas dentro dunhas vaíñas das gadoupas mentres non as usan. O pene presenta un óso, reducido ou non. Presentan glándulas perianais, e as femias teñen de 4 a 8 tetos.[2][3]
A súa pelaxe é variada, dependendo da especie, e ofrece unha eficaz protección térmica. É suave, curta ou mediana, ás veces mais longa nas meixelas ou cunha melena no pescozo, nos ombros e no ventre.[3]
Os verdadeiros gatos (subfamilia dos felinos) son de tamaño pequeno ou mediano, moi similares entre si polos seus trazos xerais, e caracterízanse anatomicamente polo seu aparato hioideo oseo que lles permite emitir tan só débiles gritos. Os membros da outra subfamilia, a dos panterinos, ademais de seren de maior tamaño, poden ruxir, porque o seu aparato bucal está suspendido dun hioide cartilaxinoso que se pode mover libremente.[2][4]
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Os fédidos encóntranse en todos os tipos de hábitats, pero moitas especies están adaptadas a ambientes particulares. Distribúense pola maior parte do mundo, agás en Madagascar, Australasia e a Antártida, e están particularmente ben representados en África, onde se poden distinguir tres grupos de subfamilias ben caracterizados.[3][5]
Algúns adáptanse a contornos desérticos, outros a zonas húmidas, e algúns a terreos montañosos de grande altitude. As especies que viven en bosques son xeralmente áxiles gabeadoras.[6]
Moitas des especies escasean na actualidade, porque foron obxecto de caza pola súa pel, para aproveitar partes do seu corpo, ou porque o seu hábitat foi, e esta a ser, destruído. O paradigma é o lince ibérico (Lynx pardinus), o félido en maior perigo de extinción.
Integran a familia catro subfamilias, con dezanove xéneros e ao redor de corenta especies,[3] entre elas o león, o tigre, os gatos domésticos e monteses, os linces, o puma, o xaguaretc.
Costumes e alimentación
[editar | editar a fonte]Os félidos, agás o león son animais xeralmente solitarios e de hábitos nocturnos. Pero o patrón de actividade das especies pode variar de nocturno a crepuscular e diúrno, dependendo das súas especies de presas preferidas.[6]
Todas as especies son carnívoros obrigados e, xa que logo, requiren carne. A maioría consome exclusivamente carne de pequenas, medianas ou grandes presas, e algúns comen peixes,[3][6] e ignoran calquera outra comida que non sexa unha presa viva. Capturan ás súas vítimas coas súas afiadas garras, e adoitan matalas dunha única trabada.
Porén, os gatos domésticos asilvestrados forman colonias. E sábese que os machos dos guepardos viven e cazan en grupos.[6]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1867 polo naturalista, paleontólogo e anatomista saxón, nacionalizado ruso, Gotthelf Fischer von Waldheim (1771-1853), na páxina 372 dun traballo publicado no número 5 das Mém. Soc. Imp. Nat. Moscow.[7]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Felidae está formado pola raíz Fel- do seu xénero tipo, Felis, descito en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae, coa adición do sufixo -ǐdae, utilizador para formaren os nomes das familias de animais.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome que lles impuxo Fischer von Waldheim, a familia coñeceuse tamé polos sinónimos seguintes:[7]
- Euailuroida Kretzoi, 1929
- Felinoidea Brunet, 1979
- Feloidae Hay, 1930
- Feloidea Simpson, 1931
- Lyncina Gray, 1867
Clasificación
[editar | editar a fonte]Na actualidade, a maioría dos autores recoñecen dentro de da familia as seguintes subfamilias, xéneros e especies:[8]
Familia Felidae Fischer de Waldheim, 1817.[8][9]
- Subfamilia Felinae Fischer de Waldheim, 1817.[9][10]
- Xénero Acinonyx
- Acinonyx jubatus - guepardo
- Xénero Caracal
- Caracal caracal - caracal. Véxase máis abaixo "Unha taxonomía moi discutida: Caracal e Profelis".
- Xénero Catopuma
- Catopuma badia - gato vermello de Borneo
- Catopuma temminckii
- Xénero Felis
- Felis bieti - gato chinés do deserto ou gato montés chinés; a UICN considérao unha subespecie de Felis silvestris (Felis silvestris bieti).[11]
- Felis catus - gato doméstico; a UICN considérao unha subespecie de Felis silvestris (Felis silvestris catus)[12]
- Felis chaus - gato selvático, gato da xungla ou gato do pantano
- Felis margarita - gato do deserto
- Felis nigripes - gato de pés negros
- Felis silvestris - gato montés eurasiático
- Xénero Leopardus
- Leopardus braccatus - gato do Pantanal
- Leopardus colocolo - gato colocolo
- Leopardus geoffroyi - gato montés suramericano ou gato de Geoffroy
- Leopardus guigna - kodkod ou huíña
- Leopardus jacobitus - gato de montaña ou gato andino
- Leopardus pajeros - gato das pampas ou gato palleiro
- Leopardus pardalis - ocelote
- Leopardus tigrinus - leopardo tigre
- Leopardus wiedii - tigrillo, margai
- Xénero Leptailurus
- Leptailurus serval - serval
- Xénero Lynx
- Lynx canadensis - lince do Canadá
- Lynx lynx - lince boreal
- Lynx pardinus - lince ibérico
- Lynx rufus - lince vermello ou gato montés de Norteamérica
- Xénero Otocolobus
- Xénero Pardofelis
- Pardofelis marmorata - gato xaspeado
- Xénero Prionailurus
- Prionailurus bengalensis
- Prionailurus bengalensis iriomotensis
- Prionailurus planiceps - gato de cabeza plana
- Prionailurus rubiginosus - gato ferruxento
- Prionailurus viverrinus - gato pescador
- Xénero Profelis Severtzov, 1858 - Discutido nos últimos anos por numerosos autores. Véxase máis abaixo: "Unha taxonomía moi discutida".
- Profelis aurata - Reclasificado hoxe por numerosos autores como Caracal aurata. Véxase máis abaixo: "Unha taxonomía moi discutida".
- Xénero Puma
- Puma concolor - puma
- Puma yagouaroundi - xaguarundi ou gato lontra
- Xénero Acinonyx
- Subfamilia Pantherinae Pocock, 1917.[13][14]
- Xénero Neofelis
- Xénero Panthera
- Panthera leo - león
- Panthera onca - xaguar
- Panthera pardus - leopardo
- Panthera tigris - tigre
- Panthera uncia - leopardo das neves ou irbis (clasificado por Pocock en 1916 como Uncia uncia).[15]
Ademais, existen dúas subfamilias extintas:
- Subfamilia Machairodontinae
- Subfamilia Proailurinae
Unha taxonomía moi discutida: Caracal e Profelis
[editar | editar a fonte]Durante moitos anos considerouse a Caracal como un xénero monotípico, isto é, que só comprendía unha única especie, Caracal caracal, o caracal, e así aparece en case toda a bibliografía.[7][16] Así mesmo, tradicionalmente, incluíuse a Caracal aurata no xénero Felis ou no Profelis.[17]
Pero datos moleculares recentes revelan inequivocamente que o caracal, o serval e Caracal aurata están intimamente ligados.[18] E análises xenéticas moi recentes mostraron que o caracal, o Caracal aurata e máis o serval están estreitamente relacionados pola súa xenética, e que diverxeron dun antepasado común hai aproximadamente 5,4 millóns de anos. Polo tanto, suxeriuse incluír a todos eles dentro do xénero Caracal.[19]
Este criterio foi aceptado polos autores da Lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) para Caracal aurata.[20] Polo tanto, segundo a UICN, o xénero comprede estas dúas especies:
- Caracal aurata
- Caracal caracal - o caracal
Porén, aínda hoxe moitos autores recoñecen a Profelis como xénero independente.[21]
Orixe e evolución
[editar | editar a fonte]A familia dos Felidae xurdiu en Eurasia durante o Oligoceno, posiblemente a partir da familia dos Miacidae.
Estes primeiros félidos de pequeno tamaño foron expandíndose, alcanzando África e Norteamérica a principios do Mioceno.
No Mioceno medio diversificáronse, aparecendo os chamados dentes de sabre (Machairodontinae), os felinos e os panterinos, que se dispersaron por Eurasia, África e Norteamérica.
A finais do Plioceno chegaron tamén a Suramérica durante o denominado Grande Intercambio Americano.[22]
Filoxenia
[editar | editar a fonte]As relacións filoxenéticas dos félidos existentes na acutalidade móstranse no seguiente cladograma, baseado nos estudos das análise de filoxenética molecular de Johnson et al. (2006), [23] no que se expresan as liñaxes, os xéneros e as especies.
Felidae |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nota sobre Puma e Herpailurus
[editar | editar a fonte]O xaguarundi, como especie, foi descrito en 1803 por Étienne Geoffroy Saint-Hilaire, co nome de Felis yagouarondi. En 1809 Lacépède modificou o nome específico por yaguaroundi e, en 1816, Desmarest, por yagouaroundi. En 1858 foi reclasificado por Severtzov dentro do novo xénero Herpailurus, como Herpailurus yagouarondi.[24]
Nos últimos anos do século XX e primeiros do XXI as especies xaguarundi (yagouaroundi) e puma (concolor) foron consideradas pola maíoría dos autores como monofiléticas e situadas conxuntamente no xénero Puma.[24][25]
Pero na década de 2010 os expertos da UICN separáronas, colocando ao puma como único membro do xénero Puma, e ao xaguarundi como única especie do xénero Herpailurus.[26][27]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ félidos Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.
- ↑ 2,0 2,1 Dorst, J. & Dandelot, P. 1973, pp. 136-137.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Haltenorth, T. & Diller, H. 1986, p. 220.
- ↑ Weissengruber, G. E.; Forstenpointner, G.; Peters, G.; Kübber-Heiss, A. & Fitch, W. T. (2002): "Hyoid apparatus and pharynx in the lion (Panthera leo), jaguar (Panthera onca), tiger (Panthera tigris), cheetah (Acinonyx jubatus) and the domestic cat (Felis silvestris f. catus)". Journal of Anatomy. 201 (3): 195–209.
- ↑ Dorst, J. & Dandelot, P. 1973, p. 137.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Sunquist, M. & Sunquist, F. (2002): Wild Cats of the World. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 978-0-2267-7999-7.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Felidae en MSW.
- ↑ 8,0 8,1 Feliadae Arquivado 24 de xuño de 2011 en Wayback Machine. en Wilson, Don E. & Reeder, Dee Ann M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
- ↑ 9,0 9,1 Felidae Fischer de Waldheim, 1817 no ITIS.
- ↑ Felinae Fischer de Waldheim, 1817 no MSW.
- ↑ Sanderson, J.; Mallon, D. P.; Driscoll, C.; Breitenmoser, U. & Breitenmoser-Wursten, C. (2008): Felis silvestris ssp. bieti Arquivado 03 de maio de 2011 en Wayback Machine. na Lista vermella da UICN. Versión 2010.4
- ↑ Sanderson, J.; Mallon, D.P.; Driscoll, C.; Breitenmoser, U. & Breitenmoser-Wursten, C. (2008): Felis silvestris ssp. catus Arquivado 24 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. na Lista vermella da UICN. Versión do 2010.4
- ↑ Pantherinae Pocock, 1917 no ITIS.
- ↑ Pantherinae Pocock, 1917 en MSW.
- ↑ Uncia Gray, 1854 en MSW.
- ↑ Caracal Gray, 1843 no ITIS.
- ↑ Ray, J. & Butynski, T. "Profelis aurata". In: J. S. Kingdon et al., eds. (2013): Mammals of Africa. Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4081-2257-0. Consultado o 14 de outubro de 2018.
- ↑ Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J., Antunes, A.; Teeling, E. & O'Brien, S. J. (2006): "The late Miocene radiation of modern Felidae: a genetic assessment". Science 311: 73-77. Consultado o 14 de outubro de 2018.
- ↑ Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J.; Antunes, A.; Teeling, E.; O'Brien, S. J. (2006). "The Late Miocene Radiation of Modern Felidae: A Genetic Assessment". Science 311 (5757): 73–7. PMID 16400146. doi:10.1126/science.1122277. Consultado o 14 de outubro de 2018.
- ↑ Bahaa-el-din, L.; Mills, D.; Hunter, L. & Henschel, P. (2015). "Caracal aurata". The IUCN Red List of Threatened Species (IUCN) 2015: e.T18306A50663128. doi:10.2305/IUCN.UK.2015-2.RLTS.T18306A50663128.en. Consultado o 14 de outubro de 2018.
- ↑ Profelis Severtzov, 1858 no ITIS.
- ↑ Garrido, G. e Arribas, A. (2008). "Generalidades sobre los carnívoros del Villafranquiense superior en relación con el registro fósil de Fonelas P-1" (PDF). Cuadernos del Museo Geológico y Minero de España (10): 85–146. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2013. Consultado o 29 de abril de 2012.
- ↑ Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J.; Antunes, A.; Teeling, E. & O'Brien, S. J. (2006): "The late miocene radiation of modern Felidae: a genetic assessment". Science. 311 (5757): 73–77.
- ↑ 24,0 24,1 Puma yagouaroundi É. Geoffory Saint-Hilaire, 1803 en MSW].
- ↑ Puma Jardine, 1834 no ITIS]].
- ↑ Caso, A., de Oliveira, T. & Carvajal, S. V. (2015): Jaguarundi.Herpailurus yagouaroundi na Lista vermella da UICN.
- ↑ Kitchener, A. C., Breitenmoser-Würsten, C., Eizirik, E., Gentry, A., Werdelin, L., Wilting A., Yamaguchi, N., Abramov, A. V., Christiansen, P., Driscoll, C., Duckworth, J. W., Johnson, W., Luo, S.-J., Meijaard, E., O’Donoghue, P., Sanderson, J., Seymour, K., Bruford, M., Groves, C., Hoffmann, M., Nowell, K., Timmons, Z. & Tobe, S. (2017). "A revised taxonomy of the Felidae: The final report of the Cat Classification Task Force of the IUCN Cat Specialist Group" (PDF). Cat News. Special Issue 11. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de xullo de 2017. Consultado o 10 de decembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Félidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Félidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
- Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
- Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins, toutes les espèces du monde: París / Lausanne: Delachaux et Niestlé. La bibliothèque du naturaliste. ISBN 2-603-01019-0.
- Kingdom, Jonathan (2004): The Kingdon Pocket Guide to African Mammals. Princeton, New Jersey, USA: Princeton University Press. ISBN 978-0-6911-2239-7.
- Kingdon, Jonathan & M. Hoffmann (eds.) (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. Volume V: Carnivores, Pangolins, Equids and Rhinoceroses. Second Edition. Londres: Bloomsbury Publishing. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-1236-7.
- Marion, Rémy; Catherine Marion, Géraldine Véron, Julie Delfour, Cécile Callou & Andy Jennings (2005): Larousse des Félins. París: Larousse. ISBN 2-03-560453-2.
- VV.AA. (1986): Natura. Enciclopedia de los animales. Tomo II. Los primates. Los ungulados. Barcelona: Ediciones Orbis, S.A. ISBN 84-7634-752-9.
- Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore e Londres: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A Evolução dos Gatos (en portugués).
- Family Felidae (en inglés).
- Felidae en "Fauna ibérica; mamíferos". Ángel Cabrera Latorre. 1914. Facsímile electrónico (en castelán).
- Secrets of the World’s 38 Species of Wild Cats Arquivado 13 de novembro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés).
- Felidae na ADW.
- Felidae na EOL.