Caracal (xénero)
Caracal | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Primeiro plano de Caracal caracal | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Caracal é un xénero de mamíferos carnívoros da familia dos félidos, subfamilia dos felinos.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1843 polo naturalista, botánico, zoólogo e micólogo inglés John Edward Gray, nun traballo publicado en List. Spec. Mamm. Coll. Brit. Mus.: 46.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome caracal entrou nas linguas modernas en 1760 a través do francés como un préstamo do turco karakulak, formado pola unión das palabras kara, 'negro' e kulak, 'orella'.[2] E de aí o tomou Gray para o latín científico.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome hoxe en día válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]
- Caracala Gray, 1843
- Urolynchus Severtzov, 1858
Especies
[editar | editar a fonte]- Unha taxonomía en discusión
Durante moitos anos considerouse a Caracal como un xénero monotípico, isto é, que só comprendía unha única especie, Caracal caracal, o caracal, e así aparece en case toda a bibliografía.[1][4]
Así mesmo, tradicionalmente, incluíuse a Caracal aurata no xénero Felis ou no Profelis.[5]
Pero datos moleculares recentes revelan inequivocamente que o caracal, o serval e Caracal aurata están intimamente ligados.[6]
E análises xenéticas moi recentes mostraron que o caracal, Caracal aurata e máis o serval están estreitamente relacionados pola súa xenética, e que diverxeron dun antepasado común hai aproximadamente 5,4 millóns de anos. Polo tanto, suxeriuse incluír a todos eles dentro do xénero Caracal.[7]
Este criterio foi aceptado polos autores da Lista vermella da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) para Caracal aurata.[8] Polo tanto, segundo a UICN, o xénero comprede estas dúas especies:
- Caracal aurata
- Caracal caracal - o caracal
Pola súa parte, W. E. Johnson e colaboradores, engaden tamén ao serval nesta lista:[6][9]
- Caracal serval - o serval (Non recoñecido pola maioría dos autores, que consideran a Leptailurus serval como unha especie independente).
Características
[editar | editar a fonte]Son felinos de tamaño mediano que viven en sabanas e zonas semidesérticas de África e, no caso do caracal, tamén no oeste de Asia.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Cazan e aliméntanse de pequenos mamíferos, como lebres, roedores, damáns e incluso crías de antílopes, pero as súas presas preferidas son as aves.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Caracacal en MSW.
- ↑ caracal no Merriam-Webster Dictionary on line.
- ↑ Caracacal. Synonyms en MSW.
- ↑ Caracal Gray, 1843 no ITIS.
- ↑ Ray, J. & Butynski, T. "Profelis aurata". In: J. S. Kingdon et al., eds. (2013): Mammals of Africa. Bloomsbury Publishing. ISBN 978-1-4081-2257-0. Consultado o 14 de outubro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J., Antunes, A.; Teeling, E. & O'Brien, S. J. (2006): "The late Miocene radiation of modern Felidae: a genetic assessment". Science 311: 73-77. Consultado o 14 de outubro de 2018.
- ↑ Johnson, W. E.; Eizirik, E.; Pecon-Slattery, J.; Murphy, W. J.; Antunes, A.; Teeling, E.; O'Brien, S. J. (2006). "The Late Miocene Radiation of Modern Felidae: A Genetic Assessment". Science 311 (5757): 73–7. PMID 16400146. doi:10.1126/science.1122277. Consultado o 14 de outubro de 2018.
- ↑ Bahaa-el-din, L.; Mills, D.; Hunter, L. & Henschel, P. (2015). "Caracal aurata". The IUCN Red List of Threatened Species (IUCN) 2015: e.T18306A50663128. doi:10.2305/IUCN.UK.2015-2.RLTS.T18306A50663128.en. Consultado o 14 de outubro de 2018.
- ↑ Caracal Gray 1843 Arquivado 15 de outubro de 2018 en Wayback Machine. en Fossilworks.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caracal |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Caracal |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kingdon, Jonathan (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. Second Edition. Londres: Bloomsbury Publishing. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-1236-7.
- Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Caracal aurata na Lista vermella da UICN.
- Caracal caracal na Lista vermella da UICN.
- Leptailurus serval (Schreber, 1776), sinonimo Caracal serval (Schreber, 1776) na Lista vermella da UICN.
- Caracal. cracals na EOL.
- Caracal no NCBI.
- Caracal Gray, 1843 Arquivado 15 de outubro de 2018 en Wayback Machine. en Fossilworks.