Saltar ao contido

Unlla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unlla
A. Lámina ou corpo ungueal; B. lúnula; C. raíz; D. seo ungueal; E. matriz ungueal; F. leito ungueal; G. hiponiquio; H. marxe libre.
As unllas dos pés.
Latín Unguis
Sistema Sistema tegumentario

A unlla[1] ou uña[2] é unha estrutura anexa da pel localizada na parte máis distal dos dedos da maioría dos vertebrados terrestres. Está composta por queratina, a cal é segregada por unhas glándulas situadas na base da uña, coñecida como matriz ungueal.

Nos animais coñécese co nome de pezuño.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

As unllas das mans e dos pés están compostas de:[3]

  • Matriz ou raíz.[4] É a parte onde se orixina á unlla, situada baixo a pel na súa parte inferior.
  • Eponiquio. É a estreita franxa de pregadura da pel que semella rematar na base da lámina ungueal. Ás veces tamén se lle coñece coma cutícula.
  • Paronniquio. É a estreita franxa do pregadura dea pel aos lados da unlla.
  • Hiponiquio. É o tecido situado baixo a marxe libre da unlla. Constitúe un selo impermeábel que protexe o leito ungueal das infeccións.
  • Lámina ungueal. Tamén denominada corpo ungueal, é a estrutura córnea que normalmente coñecemos como unlla; a porción dura e translúcida composta por queratina.
  • Leito ungueal. É o tecido conectivo adherente que se atopa baixo a unlla e que a conecta co dedo.
  • Lúnula. É a parte de cor branca en forma de semilúa que se observa case sempre na base da lámina ungueal. Non todos os dedos a teñen visíbel. A lúnula é a fin da matriz e, polo tanto, a parte á vista da unlla viva. O resto da lámina ungueal está composta por células mortas.

Trastornos das unllas

[editar | editar a fonte]
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

As principais doenzas que poden afectar á unlla son:

Doenzas e trastornos da unlla
Alteracións estruturais das mans
Ungüesla (unlla enterrada)
Unlla en culler (coiloniquia)
Unlla rota (onicolise)
Unlla astillada (onicorrexe)
Unlla laminada (onicosquise)
Unlla punteada (oniquia puntacta)
Piqueteado en láminas (psoríase)
Alteracións periungueais
Padrasto
Panadizo (paroniquia aguda)
Tiña das unllas (onicomicose)
Leuconiquia ou mancha branca na unlla.
Alteracións estruturais dos pés
Unlla espesa (onicodistrofia)
Unlla en garra (onicogrifose)
Unlla encarnada (onicocriptose)
Alteracións cromáticas
Mancha branca(leuconiquia)
Unlla negra (nigroniquia)
Decoloración tipo mancha de aceite (psoríase)

Paroniquia

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para unlla.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para uña.
  3. Onumah, Neh; Scher, Richard K (maio de 2009). eMedicine, ed. "Nail Surgery". Consultado o marzo de 2010. 
  4. "Nail matrix". Biology Online. 2005. Consultado o febreiro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]