Saltar ao contido

Gazeta Marcial y Política de Santiago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gazeta Marcial y Política de Santiago

Editar o valor en Wikidata
LocalidadeSantiago de Compostela
Na rede
Galiciana: 6496
editar datos en Wikidata ]

Gazeta Marcial y Política de Santiago foi unha publicación periódica editada en Santiago de Compostela durante os anos 1812 e 1813. Publicada baixo a responsabilidade do impresor Manuel Antonio Rey e do seu director Juan Bautista Caamiña. Xorde en febreiro de 1812 e perdura ata 1813.

Primeira aparición do galego nunha publicación periódica

[editar | editar a fonte]

É no seu segundo número (5 de febreiro) a primeira vez que consta (polo momento) que o galego fose empregado nunha publicación periódica. O comezo da prensa en Galiza data de 1800 co breve El Catón Compostelano e xa logo da francesada e a liberdade de imprenta promulgada na Constitución de Cádiz xurdiran diversas publicacións máis ou menos efémeras de cara. En 1808 o Diario de la Coruña e o Diario de Santiago pero non é ata o segundo número da Gazeta Marcial y Política de Santiago que teñamos constancia de que se utilizase o galego.

O artigo fundacional da prensa en galego titúlase Carta recomendada e vén asinado por Ramón González Senra (con probabilidade un pseudónimo). Trátase dun artigo de propaganda política a prol do liberalismo en que se gaban as vantaxes de certas reformas liberais e da mesma maneira se defende a idea da soberanía popular en contraposición ao poder absoluto do monarca.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]