Gegenschein
Gegenschein (nome procedente do idioma alemán) é unha feble luminosidade do ceo nocturno na rexión da eclíptica visible na dirección oposta ó Sol. Foi descuberto polo astrónomo danés Theodor Brorsen no 1854.
Observación
[editar | editar a fonte]O gegenschein é tan feble que non se pode ver se hai algo de luz de Lúa ou algo de polución lumínica, ou se aparece na veciñanza da Vía Láctea. O gegenschein aparece coma unha rexión oval suavemente resplandecente duns poucos graos de ancho e 10-15° de lonxitude, orientado ó longo do plano da eclíptica.
Explicación
[editar | editar a fonte]Coma a luz zodiacal, o gegenschein é a luz do sol refractada polo po interplanetario. En particular, polo po que se atopa nos Puntos de Lagrange L4 e L5 do sistema Terra-Lúa. Coma a meirande parte do po interplanetario, parece estar xirando ó redor do Sol no plano eclíptico (zodíaco). A luz zodiacal vese na dirección do sol, ó solpor, mentres o gegenschein vese na dirección contraria. A intensidade do gegenschein é relativamente mellor cando:
- Cada partícula de po vese na fase lunar de lúa chea[1]; e
- A dispersión xeométrica leva a unha interferencia construtiva.
Historia
[editar | editar a fonte]O gegenschein foi descrito por primeira vez polo astrónomo e profesor xesuíta francés Esprit Pézenas (1692–1776) no 1730. Observacións posteriores feitas polo explorador alemán Alexander von Humboldt durante á súa viaxe por Suramérica entre os anos 1799 a 1803. Foi tamén Humboldt quen lle deu a este fenómeno o seu actual nome.
O astrónomo danés Theodor Brorsen publicou as primeiras investigación sobre o gegenschein no 1854. Tamén foi o primeiro en observar a luz zodiacal abranguía por completo o ceo, por que baixo condicións de observación case perfectas podíase ver unha feble ponte luminosa entre a luz zodiacal e o gegenschein. Ademais, Brorsen propuxo a correcta explicación do gegenschein (a refracción da luz no po interplanetario).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anny-Chantal Levasseur-Regourd; Hiroichi Hasegawa (1991). Origin and Evolution of Interplanetary Dust. International Astronomical Union Colloquium. p. 159. ISBN 0-7923-1365-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Luz zodiacal.
- Heiligenschein.
- Resplandor silvano.
- Arco da vella.
- Punto antisolar.
- Círculo subparhélico.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Astrophotographs of the gegenschein (en inglés)
- "Zodiacal Light and the Gegenschein", an essay by J. E. Littleton (en inglés)
- Astronomy Picture of the Day, 7 de maio de 2008 (en inglés)
- Fotografía Astronómica do Día, 14 de xaneiro de 2014, gegenschein sobre Chile.