Gemella
Gemella | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Especies[1] | |||||||||||
G. bergeri |
Gemella é un xénero de bacterias grampositivas que vive mellor con presións parciais altas de CO2.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son bacterias anaerobias facultativas e dan negativo nas probas da oxidase e catalase. Son obrigadamente fermentadoras, e producen unha mestura de ácido acético e ácido láctico ou unha mestura de ácido acético e CO2. Por exemplo, G. haemolysans fermenta a glicosa formando unha mestura de ácido acético e láctico en ausencia de oxíxeno, pero en presenza de oxíxeno produce ácido acético e CO2.[2]
Importancia clínica
[editar | editar a fonte]As bacterias do xénero Gemella encóntranse principalmente nas membranas mucosas humanas e doutros animais, especialmente na cavidade oral e tracto dixestivo superior. A especie Gemella haemolysans está implicada en exacerbacións pulmonares en pacientes con fibrose quística.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Euzéby, J. P. "List of Prokaryotic Names with Standing in Nomenclature". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2010. Consultado o 2008-12-16.
- ↑ Stackebrandt, E., B. Wittek, E. Seewaldt, and K. H. Schleifer (1982). "Physiological, biochemical and phylogenetic studies on Gemella haemolysans". FEMS Microbiology Letters 13 (4): 361–365. doi:10.1111/j.1574-6968.1982.tb08288.x.