Saltar ao contido

Xémini (constelación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gemini»)
Para ver referencias ó signo zodiacal ir a: Xémini (astroloxía)
Para ver referencias ó programa espacial tripulado ir a: programa Gemini
Gemini
Gemini
Nome latino Gemini
Abreviatura Gem
Xenitivo Geminorum
Simboloxía Os Xemelgos
Ascensión recta 7 h
Declinación 20°
Área 514 graos cadrados

Rango 30º

Número de estrelas

(magnitude < 3)

4
Estrela máis brillante Pólux (β Gem)

(magnitude ap. 1.1)

Choiva de meteoros
Constelacións

lindeiras

Visible en latitudes entre +90° e −60°

Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de febreiro

Xémini[1] ou Xemelgos[2] (do latín: Gemini; símbolo , Unicode ♊) é a terceira constelación do zodíaco, e atópase a uns trinta graos ó noroeste de Orión. William Herschel descobreu Urano preto de η Geminorum no 1781, e Clyde Tombaugh fixo o propio con Plutón preto de δ Geminorum.

Estrelas principais

[editar | editar a fonte]
Representación medieval de Xémini.

Obxectos notables do espazo profundo

[editar | editar a fonte]
  • Cúmulo aberto M35 ou NGC 2168, facilmente visible con prismáticos: a través de calquera telescopio aparece formado por unha gran cantidade de estrelas de brillo medio.
  • Moi preto de M35 e en claro contraste co mesmo, o cúmulo NGC 2158, moito máis antigo e distante.
  • Cúmulo aberto NGC 2420, 4º ó leste de Wasat (δ Geminorum).

Ademais en Xémini hai varias nebulosas interesantes, entre as que destacan:

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]
Xémini, os Xemelgos.

Na mitoloxía grega, os xemelgos son Cástor e Polideuco (Pólux para os romanos). Naceron dun ovo que puso Leda, a raíña de Esparta, despois de copular con Zeus convertido en cisne. Cástor, o mortal, era fillo do rei Tíndaro; o inmortal Polideuco era fillo de Zeus.

Ambos participaron en varias fazañas colectivas: na cacería do xabarín de Calidón e na viaxe dos Argonautas, entre outras.

Os xemelgos tiveron unha disputa cós seus primos Idas e Linceo. Idas asasinou a Cástor cunha lanza, ós que Polideuco, malia as súas feridas, respondeu matando a Linceo. Zeus interveu e matou a Idas. Polideuco rexeitou a súa condición de inmortal se non podía compartila con Cástor. Por isto Zeus colocounos entre as constelacións.

Visualización gráfica

[editar | editar a fonte]
Diagrama da forma alternativa de conecta-las estrelas da constelación de Xémini. Un par de xemelgos collidos da man.

As estrelas da constelación de Xémini poden ser conectadas dun xeito alternativo, tal como amosa o gráfico, amosando a dous xemelgos collidos da man.

O xemelgo da dereita é Castor, onde a súa estrela máis brillante é alpha Geminorum (máis comunmente coñecida coma Castor), é de segunda magnitude, e representa a cabeza de Castor. O xemelgo da esquerda é Pollux, a súa estrela máis brillante é beta Geminorum (máis coñecida coma Pollux), é de primeira magnitude, e representa a cabeza de Pollux.

O torso de Pollux é representado pola estrela upsilon Geminorum, a man dereita de Pollux é representada por iota Geminorum, e a man esquerda por kappa Geminorum: as tres estrelas de cuarta magnitude.

A pelve de Pollux é a estrela delta Geminorum, o xeonllo dereito de Pollux é zeta Geminorum, e o pé dereito é gamma Geminorum, o xeonllo esquerdo de Pollux está representado pola estrela lambda Geminorum, e o pé por xi Geminorum. Gamma Geminorum é de segunda magnitude, delta e xi Geminorum son de terceira.

O torso de Castor está representado pola estrela tau Geminorum, a man esquerda por iota Geminorum (que é compartida con Pollux), e a man dereita é theta Geminorum: as tres estrelas son de cuarta magnitude.

A pelve de Castor está representada pola estrela epsilon Geminorum, o pé esquerdo por nu Geminorum, e o pé dereito por mu Geminorum e eta Geminorum: epsilon, mu, e eta Geminorum son de cuarta magnitude.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xémini.
  2. Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]