Genaro Blanco Roo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1868 Noia, España |
Morte | febreiro de 1957 (88/89 anos) Noia, España |
Alcalde de Noia | |
1918 – 1918 ← Pedro López Varela – Pedro López Varela → | |
Alcalde de Noia | |
1914 – 1916 ← Benito Víctor Fraga García – Pedro López Varela → | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Genaro Blanco Roo, nado en Noia cara a 1868 e finado no mesmo concello en febreiro de 1957,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traballaba no Rexistro da Propiedade de Venancio Vidal Reino. Foi elixido concelleiro de Noia en 1905 e continuou nas sucesivas eleccións até 1923. Foi nomeado alcalde en 1914, cesando en 1916. Volveu ser alcalde en 1918, substituíndo a Arturo Pérez Neu, quen non chegou a posesionarse do cargo. Foi apoderado de Eduardo Gasset nos seus intereses mineiros. Presentou unha candidatura como Fuerzas Liberales ás eleccións do 14 de abril de 1931, que foi derrotada (3 concelleiros fronte a 16). Foi nomeado deputado provincial en 1933.
Predecesor: Benito Víctor Fraga García |
Alcalde de Noia 1914 - 1916 |
Sucesor: Pedro López Varela |
Predecesor: Pedro López Varela |
Alcalde de Noia 1918 |
Sucesor: Pedro López Varela |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 13-2-1957, p. 8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ferrández Pérez, Daniela (2019). Nuevos y viejos actores: clientelismo político y poder local en perspectiva comparada (1905-1936) (PDF) (Tese) (en español). USC. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de maio de 2021.