Gendai Nihon no kaika
Gendai Nihon no kaika | |
---|---|
Autor/a | Natsume Sōseki |
Lingua | lingua xaponesa |
Data de pub. | 1913 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Gendai Nihon no kaika (xaponés: 現代日本の開花; "A civilización do Xapón contemporáneo") é unha conferencia impartida polo novelista Natsume Sōseki na cidade de Wakayama, a segunda dun ciclo de catro conferencias organizadas na rexión de Kansai en 1911. As catro foron publicadas con outros textos en 1913, baixo o título Shakai to jibun 社会と自分 ("A sociedade é mais eu").
Contidos
[editar | editar a fonte]Gendai Nihon no kaika versa sobre o desenvolvemento tecnolóxico e cultural producido pola modernización do Xapón, tras a súa apertura ás influencias occidentais.[1] A tese central de Sōseki é que estas mudanzas ocorreron a unha velocidade abrupta e de maneira esóxena, por imitación das potencias europeas e americanas, no canto de emerxer de maneira propia. Isto explica, para o autor, o malestar cultural da súa época, a era Meiji.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Takagi 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Takagi, Kayoko, ed. (2017). "Epílogo". Mi individualismo y otros ensayos (en castelán). Satori Ediciones. ISBN 978-84-945781-6-8.