Geoffrey Bache Smith
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1894 ![]() Reino Unido ![]() |
Morte | 3 de decembro de 1916 ![]() Francia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta ![]() |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | Primeira guerra mundial ![]() |
Descrito pola fonte | Tolkien (en) ![]() ![]() |
Geoffrey Bache Smith, nado o 18 de outubro de 1894 e finado en Somme (Francia) o 3 de decembro de 1916 foi un militar inglés, tenente do exército británico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Smith uniuse ao 19º batallón de servizo dos Lancashire Fusilliers, chamados 3rd Salford Pals, e participou na ofensiva do Somme. O 29 de novembro de 1916 recibiu unha ferida de metralla, e faleceu catro días despois.
Amigo da xuventude de J. R. R. Tolkien. Tolkien e Smith estudaron xuntos no King Edward's School de Birmingham. En 1918 publicouse unha colección de poemas seus, titulada A Spring Harvest, na que Tolkien escribiu o limiar.
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]A película biográfica de 2019 Tolkien[1] céntrase nos primeiros anos da vida do novelista e poeta fantástico JRR Tolkien (Nicholas Hoult), o seu servizo no exército británico durante a Primeira guerra mundial e a súa estreita amizade con Geoffrey Bache Smith (Anthony Boyle). Pouco despois de que Tolkien se decatase da morte de Smith na ofensiva do Somme, a última carta do verdadeiro Geoffrey Smith a Tolkien lese en voz alta en off. A película mostra entón como Tolkien preparou a edición da poesía do seu amigo caído para a súa publicación.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Geoffrey Bache Smith ![]() |
- Garth, John (2003). Tolkien and the Great War: The Threshold of Middle-earth (en inglés). Houghton Mifflin. ISBN 0618574816.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Garth, John (29 de xullo de 2014). "Why World War I Is at the Heart of ‘Lord of the Rings’". The Daily Beast (en inglés).