Georg Friedrich Grotefend
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1775 ![]() Hann. Münden, Alemaña ![]() |
Morte | 15 de decembro de 1853 ![]() Hannover, Alemaña ![]() |
Lugar de sepultura | Gartenfriedhof (en) ![]() ![]() |
Educación | Universidade de Gotinga Lessing-Gymnasium (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Estudos orientais ![]() |
Ocupación | lingüista, erudito clásico, Asiriólogo, mestre ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Karl Ludwig Grotefend ![]() |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гротефенд Георг Фридрих) Allgemeine Deutsche Biographie Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron ![]() |
![]() ![]() |
Georg Friedrich Grotefend, nado en Hannoversch Münden o 9 de xuño de 1775 e finado en Hannover o 15 de decembro de 1853, foi un filólogo alemán, especializado na antigüidade. Estivo na orixe do desciframento da escritura cuneiforme.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Grotefend estudou filoloxía na Universidade de Göttingen. En 1797, converteuse en colaborador da escola municipal de Hannoversch Münden e en 1803 en Prorektor desta escola. Despois nomeárono Konrektor no Instituto Lessing de Frankfurt e finalmente director do Instituto de Hannover en 1821.
En 1802, deu descifrado, tras só unhas poucas semanas, a inscrición persa de Behistún descuberta e copiada en 1621. Ao principio tratábase só dunha aposta, na que pretendía demostrar que era posíbel descifrar un sistema de escritura totalmente descoñecido sen axuda exterior.

Inscricións cuneiformes
[editar | editar a fonte]O seu meirande mérito é o de ter descifrado as inscricións cuneiformes de Persépole que Carsten Niebuhr copiara en Nínive durante a súa gran viaxe a Arabia. Chegou ás seguintes conclusións:
- que as inscricións persas contiñan tres formas diferentes de escritura cuneiforme, de xeito que o desciframento dunha podía ser a clave para o das outras.
- que os caracteres da columna persa da inscrición de Behistun eran alfabéticos e non silábicos.
- que debían ser lidos de esquerda a dereita.
- que o alfabeto consistía en corenta letras, incluídos signos para vogais longas e breves.
- que as inscricións de Persépole estaban escritas en avéstico (cousa na que, porén, estaba errado), e que debían referirse á época dos reis aqueménidas.
- que unha determinada palabra de uso frecuente debería corresponder á palabra persa para "rei".
- que a inscrición nos proporciona os dous esquemas seguintes: A) X, rei, gran rei, rei de reis, fillo de Y, rei; B) Y rei, gran rei, rei de reis, fillo de Z.
- que a presenza dos dous esquemas A) e B) nos dá a oportunidade de identificar as persoas do texto: é mester que X fose un rei persa, que o seu pai fose tamén un rei de Persia, pero que o seu avó non o fose.
De acordo con esta idea Grotefend foi quen de identificar X con Xerxes I, Y con Darío I e Z con Histaspes. Georg Friedrich Grotefend retirouse en 1849 e morreu en 1853 en Hannover.A súa tumba está situada no cemiterio da Marienstraße en Hannover. O Instituto Grotefend-Gymnasium de Hann-Münden da súa vila natal leva o seu nome desde 1976.
Obra
[editar | editar a fonte]- Anfangsgründe der deutschen Prosodie (Gießen, 1815).
- Lateinische Grammatik (Frankfurt am Main, 1823 - 1824).
- Neue Beiträge zur Erläuterung der persepolitanischen Keilschrift (Hannover, 1837).
- Rudimenta linguae umbricae Hannover, 1835-1838).
- Rudimentae linguae oscae (Hannover, 1839).
- Zur Geschichte und Geschichte von Altitalien (Hannover, 1840-1842).
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Georg Friedrich Grotefend |